Dorival Guidoni Júnior
Doriva | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Dorival Guidoni Júnior | ||
Nacemento | 28 de maio de 1972 | ||
Lugar de nacemento | Nhandeara | ||
Altura | 1,73 m | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1991-1994 | São Paulo Futebol Clube | 33 | (0) |
1992 | → Anapolina AA (Cedido) | ||
1993 | → Goiânia Esporte Clube (Cedido) | ||
1994 | XV Paracicaba | ||
1995-1997 | Clube Atlético Mineiro | 59 | (1) |
1997-1999 | FC Porto | 30 | (5) |
1998-2000 | UC Sampdoria | 54 | (4) |
2000-2003 | Celta de Vigo | 34 | (1) |
2002-2006 | Middlesbrough FC | 79 | (0) |
2006 | Blackpool FC | 0 | (0) |
2007 | América Futebol Clube (SP) | ||
2007 | Mirassol FC | ||
Selección nacional | |||
Selección de fútbol do Brasil | 14 | (0) | |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Dorival Guidoni Júnior, nado o 28 de maio de 1972 en Nhandeara (Brasil) é un exfutbolista brasileiro que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou xogando ao fútbol no São Paulo Futebol Clube no ano 1991, equipo que alternou con cesións no Anapolina AA e no Goiânia EC. En 1995 foi traspasado ao XV Paracicaba, da terceira división brasileira, e co que acadou o ascenso sendo un dos xogadores máis destacados do equipo. Este bo papel fixo que fichara polo Clube Atlético Mineiro e de aí dese o salto a Europa, fichando polo FC Porto no verán de 1997 despois de gañar o Balón de prata brasileiro. Despois de dúas tempadas no Porto fichou pola UC Sampdoria da Serie A italiana.
No ano 2000 fichou polo Celta de Vigo, por aquel entón xa asentado nas competicións europeas e que aspiraba a un salto de calidade. Compartiría centro do campo con xogadores nun grande estado de forma como Giovanella, Vagner ou o peruano Jayo. As lesións fixeronlle perder a titularidade en favor deste último, que chegou ao equipo no mercado de inverno.
Nos tres anos que militou no Celta o equipo clasificouse para competición europea, para a Copa da UEFA nas dúas primeiras e para a Liga de Campións na última, porén o seu peso no equipo foi indo a menos coa chegada de xogadores como Peter Luccin ou José Ignacio. Precisamente no mercado de inverno deste último ano sería cedido ao Middlesbrough FC.
O equipo inglés faríase coa súa propiedade e alí militou tres tempadas máis conquistando a Copa da Liga no ano 2004. Ao remate do contrato co Boro fichou por outro equipo inglés, o Blackpool FC, onde so xogaría uns meses para volver posteriormente ao Brasil para xogar no América de Sao Paulo e retirarse no Mirassol FC no ano 2008.
Coa selección de fútbol[editar | editar a fonte]
O 27 de abril de 1995, xogando no Clube Atlético Mineiro, foi convocado por primeira vez coa Selección de fútbol do Brasil e foi xa xogando no FC Porto cando debutou nunha Copa Mundial, en Francia 1998.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Clubs[editar | editar a fonte]
- São Paulo
- Campeonato Brasileño de Serie A: 1991
- Copa Libertadores: 1993
- Recopa Suramericana: 1993, 1994
- Supercopa Suramericana: 1993
- Mundial de Clubs: 1993
- XV de Piracicaba
- Atlético Mineiro
- Porto
- Celta de Vigo
- Middlesbrough
Adestrador[editar | editar a fonte]
- Ituano
- Campeonato Paulista: 2014
- Vasco da Gama
- Nados en 1972
- Nados no estado de São Paulo
- Futbolistas do Brasil
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do São Paulo FC
- Xogadores do Associação Atlética Anapolina
- Xogadores do Goiânia Esporte Clube
- Xogadores do EC XV de Novembro (Piracicaba)
- Xogadores do Clube Atlético Mineiro
- Xogadores do FC Porto
- Xogadores do UC Sampdoria
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Middlesbrough FC
- Xogadores do Blackpool FC
- Xogadores do América Futebol Clube (SP)
- Xogadores do Mirassol FC
- Xogadores da selección de fútbol do Brasil
- Adestradores de fútbol do Brasil
- Adestradores do Vasco da Gama
- Adestradores do CA Paranaense
- Adestradores do Criciúma Esporte Clube
- Adestradores do EC Bahia
- Adestradores do Santa Cruz FC
- Adestradores do São Paulo FC