Amarildo Souza do Amaral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amarildo
Información persoal
Nome Amarildo Souza do Amaral
Nacemento 2 de outubro de 1964
Lugar de nacemento Curitiba
Altura 1,85
Posición Dianteiro
editar datos en Wikidata ]

Amarildo Souza do Amaral, nado en Curitiba o 2 de outubro de 1964, é un exfutbolista brasileiro, máis coñecido como Amarildo. Destacou como dianteiro centro nos anos oitenta nas ligas brasileira, española e italiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira futbolística no Brasil, xogando no Toledo Work, Botafogo, Operário Futebol Clube, Inter Limeira, XV de Piracicaba e Internacional Porto Alegre. Pasando polo seu mellor momento nesta liga nas filas do Internacional, equipo co que sería subcampión da Copa União, perdendo a final contra o Flamengo de Bebeto e Zico.

No ano 1988 e trala marcha de Baltazar ao Atlético de Madrid o Celta de Vigo conseguiu facerse cos seus servizos no último momento por tres tempadas. Aínda que so chegaría a xogar unha tempada no equipo olívico.

Nesta única tempada anotaría 16 goles , deixando recordo en especial do partido contra o invicto Real Madrid que perdería 2-0 en Balaídos con dous goles do dianteiro brasileiro, sendo esta a única derrota do equipo madrileño en toda a tempada.

A causa deste gran ano entrou nos plans de moitos equipos de primeiro nivel, sendo o que máis interese mostrou a SS Lazio cuxo presidente, Jean Marco Calleri, se reuniría co presidente do Celta, Rivadulla, o día do último partido de Liga para tratar o traspaso do brasileiro. Traspaso que finalmente se cifraría en 250 millóns de pesetas, correndo cos gastos de impostos tamén a Lazio. Tendo en conta que o xogador lle custara ao Celta 60 millóns foi unha gran operación económica, aínda que a nivel deportivo notouse moito a falta dos goles de Amarildo.

En Italia ademais de na Lazio xogou no Cesena, pasando despois outra vez pola liga española, xogando no CD Logroñés, pasando despois outra vez pola liga portuguesa, xogando no FC Famalicão e GD Ribeirão, e no Brasil no União São João EC, São Paulo Futebol Clube e EC Bahia.

Actualmente dirixe unha escola de fútbol no Brasil, a "CET Amarildo".

Clubs[editar | editar a fonte]

Ano Club División País Partidos Goles
1982-1983 Toledo Work Liga Brasileira
1984 Botafogo Liga Brasileira
1984 Operário MS Liga Brasileira
1985 Botafogo Liga Brasileira
1985 Inter Limeira Liga Brasileira
1986 XV de Piracicaba Liga Brasileira
1986-1988 Internacional Porto Alegre Liga Brasileira
1988-1989 RC Celta de Vigo Primeira Galicia 34 16
1989-1990 SS Lazio Liga Italiana Italia 28 6
1990-1992 AC Cesena Liga Italiana Italia
1992 FC Famalicão Liga Portuguesa Portugal
1992-1993 CD Logroñés Segunda España
1993-1998 FC Famalicão Liga Portuguesa Portugal
1995 União São João EC Liga Brasileira
1995 São Paulo FC Liga Brasileira
1996 EC Bahia Liga Brasileira
1998-1999 GD Ribeirão Liga Portuguesa Portugal

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]