Saltar ao contido

Selección de fútbol de Suecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Suecia
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación Svenska Fotbollförbundet (SvFF)
Confederación UEFA (Europa)
Código FIFA SWE
Alcume Blågult (Azul-amarela)
Clasificación FIFA 17 (11 de xuño de 2020)
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Janne Andersson
Máis encontros Anders Svensson (148)
Máximo goleadorZlatan Ibrahimović (62)
Estrea internacional
Suecia 11 − 3 Noruega
Gotemburgo, Suecia; 12 de xullo de 1908
Maior vitoria
Suecia 12 − 0 Letonia
Estocolmo, Suecia; 29 de maio de 1927

Suecia 12 − 0 Corea do Sur Corea do Sur
Londres, Reino Unido; 5 de agosto de 1948

Maior derrota
Reino Unido 12 − 1 Suecia
Londres, Reino Unido; 20 de outubro de 1908
Copa do Mundo
Participacións 12 (primeira en 1934)
Mellor resultado Subcampións (1958)
Eurocopa
Participacións 7 (primeira en 1992)
Mellor resultado Semifinalistas (1992)

A Selección de fútbol de Suecia (en sueco: Sveriges herrlandslag i fotboll), dependente da Asociación Sueca de Fútbol (Svenska Fotbollförbundet), é o equipo que representa en competicións internacionais de fútbol a Suecia.

No pasado, chegou a estar entre os protagonistas do fútbol, coa medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1948, e o subcampionato fronte a Brasil no Mundial de 1958 disputado en Suecia. Outro feito salientable de Suecia foi o terceiro posto no Mundial de 1994 celebrado nos Estados Unidos, coa xeración comandada por Tomas Brolin, Martin Dahlin, Thomas Ravelli e Kennet Andersson. Na Eurocopa, a súa mellor posición foi o 3º posto en 1992, cando foi sede do campionato.

En 2006, o técnico Lars Lagerbäck mostraba confianza en que o seu equipo puidese retornar aos primeiros postos no Mundial de Fútbol Alemaña 2006. Suecia fixo unha gran eliminatoria, quedando segundo de grupo cos mesmos puntos que a líder Croacia. O equipo mudou un pouco unha característica histórica de ter sempre equipo moi forte e ben estruturados na defensa, mostrando desta vez algúns puntos vulnerables atrás, mentres que a súa fortaleza residía no ataque co talento e experiencia da tripla Fredrik Ljungberg - Zlatan Ibrahimović - Christian Wilhelmsson. En 2006, chegou ata os oitavos de final (rematando no 14º posto da clasificación xeral), eliminada por Alemaña. Na Eurocopa de 2008, foi eliminada xa na primeira fase.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Xogadores con máis participacións

[editar | editar a fonte]

Os xogadores en letra grosa aínda están en activo con Suecia.

# Xogador Anos Xogos Goles
1 Anders Svensson 1999–2013 148 21
2 Thomas Ravelli 1981–1997 143 0
3 Andreas Isaksson 2002–2016 133 0
4 Kim Källström 2001–2016 131 16
5 Sebastian Larsson 2008– 118 8
6 Olof Mellberg 2000–2012 117 8
7 Zlatan Ibrahimović 2001–2016 116 62
Roland Nilsson 1986–2000 116 1
9 Björn Nordqvist 1963–1978 115 0
10 Niclas Alexandersson 1993–2008 109 7

Máximos anotadores

[editar | editar a fonte]

Os xogadores en letra grosa aínda están en activo con Suecia.

# Xogador Anos Goles Xogos Media
1 Zlatan Ibrahimović 2001–2016 62 116 0.53
2 Sven Rydell 1923–1932 49 43 1.14
3 Gunnar Nordahl 1942–1948 43 33 1.3
4 Henrik Larsson 1993–2009 37 106 0.35
5 Gunnar Gren 1940–1958 32 57 0.56
6 Kennet Andersson 1990–2000 31 83 0.37
7 Marcus Allbäck 1999–2008 30 74 0.41
8 Martin Dahlin 1991–1997 29 60 0.48
9 Tomas Brolin 1990–1995 27 47 0.57
Agne Simonsson 1957–1967 27 51 0.53

Adestradores

[editar | editar a fonte]
Presidentes do Comité de selección
Adestradores