Hernán Crespo
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Hernán Crespo | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nacido | 5 de xullo de 1975 | ||
Lugar | Florida | ||
Altura | 185 centímetros | ||
Posición | dianteiro | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Hernán Jorge Crespo, nado en Florida (provincia de Buenos Aires) o 5 de xullo de 1975, é un futbolista arxentino, alcuñado Valdanito, polo tamén futbolista Jorge Valdano. Está dentro dos FIFA 100.
É un dos máis destacados goleadores latinoamericanos da última década e o décimo máximo goleador arxentino da historia do fútbol[1]. É o goleador histório suramericano das clasificacións para a Copa Mundial de Fútbol, ao anotar 19 goles en 33 partidos xogados.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ao 6 de maio de 2008 os seguintes eran os máximos goleadores arxentinos: 1.Alfredo Di Stéfano (510 goles en 698 partidos); 2.Carlos Bianchi (392 goles en 557 partidos); 3.Delio Onnis (363 goles en 560 partidos); 4.Gabriel Batistuta (356 goles en 623 partidos); 5.Diego Maradona (341 goles en 679 partidos), 6.Mario Kempes (328 goles en 599 partidos); 7. Ángel Amadeo Labruna (314 goles en 573 partidos); 8. Oscar Mas (292 goles en 606 partidos); 9. Luis Artime (289 goles en 369 partidos) e 10. Hernán Crespo (281 goles en 577 partidos).