Globalización

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Globalización
Geokeys.jpg

Factores que impulsan o seu desenvolvemento:

Beneficios potenciais:

  • Maior eficiencia do mercado que aumenta o seu competencia diminuíndo o poder monopolista.
  • Melloras na comunicación e cooperación internacional que pode levar a un mellor aproveitamento dos recursos.
  • Impulso desenvolvemento científico-técnico ao ser lucrativo.
  • Maior capacidade de manobra fronte ás fluctuacións das economías nacionais.
  • Eliminación das barreiras de entrada do mercado laboral, financeiro e de bens e servizos.

Riscos:

  • Irresponsabilidade de empresas e multinacionais.
  • Aumento de desequilibrios económicos, sociais e territoriais.
  • Descoido sobre os índices de desenvolvemento humano: aumento da pobreza.
  • Perda de factores que non se adapten á competencia.
Evolución dos imperios coloniais desde 1492 até hoxe

A globalización é un proceso económico, tecnolóxico, social e cultural a grande escala,[1][2] que consiste na crecente comunicación e interdependencia entre os diferentes países do mundo unificando os seus mercados, sociedades e culturas, a través dunha serie de transformacións sociais, económicas e políticas que lles dan un carácter global. A globalización é a miúdo identificada coma un proceso dinámico producido principalmente polas sociedades que viven baixo o capitalismo democrático ou a democracia liberal e que abriron as súas portas á revolución informática, pregando a un nivel considerábel de liberalización e democratización na súa cultura política, no seu ordenamento xurídico e económico nacional, e nas súas relacións internacionais.

Este proceso orixinado na civilización occidental e que se expandiu arredor do mundo nas últimas décadas da Idade Contemporánea (segunda metade do século XX) recibe o seu maior impulso coa caída do consumismo e o fin da Guerra Fría, e continúa no século XXI.[3] Caracterízase na economía pola integración das economías locais a unha economía de mercado mundial onde os modos de produción e os movementos de capital configúranse a escala planetaria cobrando meirande importancia o rol das empresas multinacionais e a libre circulación de capitais xunto coa implantación definitiva da sociedade de consumo. O ordenamento xurídico tamén sinte os efectos da globalización e vese na necesidade de uniformar e simplificar procedementos e regulacións nacionais e internacionais co fin de mellorar as condicións de competitividade e seguridade xurídica, ademais de universalizar o recoñecemento dos dereitos fundamentais da cidadanía. Na cultura caracterízase por un proceso que interrelaciona as sociedades e culturas locais nunha cultura global. No tecnolóxico a globalización depende dos avances na conectividade humana (transporte e telecomunicacións) facilitando a libre circulación de persoas e a masificación das TICs e o Internet. No plano ideolóxico os credos e valores colectivistas e tradicionalistas causan un desinterese xeneralizado e van perdendo terreo ante o individualismo e o cosmopolitismo da sociedade aberta. Os medios de comunicación clásicos, en especial a prensa escrita, perden a súa influencia social (cuarto poder) fronte á produción colaborativa de información da Web 2.0 (quinto poder).

Mentres tanto, na política, os gobernos van perdendo atribucións ante o que se denominou sociedade rede, o activismo cada vez xira máis en torno ás redes sociais, estendeuse a transición á democracia contra os réximes despóticos, e en políticas públicas destacan os esforzos para a transición ao capitalismo nalgunhas das antigas economías dirixidas e a transición do feudalismo ao capitalismo en economías subdesenvolvidas de algúns países aínda que con diferentes graos de éxito. Xeopolíticamente o mundo debátese entre a unipolaridade da superpotencia estadounidense e o xurdimento de novas potencias rexionais, e en relacións internacionais o multilateralismo e o poder brando volvesen os mecanismos máis aceptados pola comunidade internacional. A sociedade civil tamén toma protagonismo no debate internacional a través de ONGs internacionais de dereitos humanos que monitorean a actividade interna ou externa dos Estados. No ámbito militar xorden conflitos entre organizacións armadas non-estatais (e transnacionais en moitos casos) e os exércitos estatais (guerra contra o terrorismo, guerra contra o narcotráfico etc), mentres as potencias que realizan intervencións militares a outros países (usualmente aos considerados como Estado falido) procuran gañarse á opinión pública interna e mundial ao formar coalicións multinacionais e alegando o combate a algunha ameaza de seguridade non sen amplos debates sobre a lexitimidade dos conceptos de guerra preventiva e intervención humanitaria fronte ao principio de non intervención e de oposición ás guerras.

A valoración positiva ou negativa deste fenómeno, ou a inclusión de definicións ou características adicionais para resaltar a inclusión dalgún xuízo de valor, poden variar segundo a ideoloxía do interlocutor. Isto porque o fenómeno globalizador despertou grande entusiasmo nalgúns sectores, mentres noutros despertou un profundo rechazo (antiglobalización), habendo tamén posturas eclécticas e moderadas.

Historia[editar | editar a fonte]

Contorno político-económico previo[editar | editar a fonte]

A característica mais notábel da globalización é a presenza de marcas mundiais

Os seres humanos interactuaron a través de longas distancias durante miles de anos. A ruta da seda que conecta o Asia, África e Europa é un bo exemplo do cambio de poder transformador que existía no "Vello Mundo". Filosofía, relixión, lingua, artes e outros aspectos da cultura estenderose e mesturaronse nas nacións. Aldo Ferrer sinala que o actual proceso de globalización é parte dun proceso maior iniciado en 1492 coa conquista e colonización de gran parte do mundo por parte de Europa.[4] Nos séculos XV e XVI, os europeos fixeron descubrimentos importantes na súa exploración dos océanos, incluíndo o inicio das viaxes transatlánticas para o "Novo Mundo" das América. O movemento global de persoas, bens e ideas ampliouse considerablemente nos séculos seguintes. A principios do século XIX, o desenvolvemento de novas formas de transporte, como o vapor e o ferrocarril e as telecomunicacións permitiron un intercambio máis rápido a nivel mundial.[5] Xa no século 20, os vehículos de estrada o transporte intermodal e aeroliñas realizan o transporte aínda máis rápido. Marshall McLuhan sostiña xa en 1961 que os medios de comunicación electrónicos estaban creando unha aldea global.[6] Rüdiger Safranski destaca que a partir da explosión da bomba atómica en Hiroshima en 1945 naceu unha comunidade global unida no terror a un holocausto mundial. Tamén asociouse o inicio da globalización á invención do chip (12 de setembro de 1958), a chegada do home á Lúa, que coincide coa primeira transmisión mundial vía satélite (20 de xullo de 1969), ou a creación de Internet (1 de setembro de 1969). Pero en xeral sitúase o comezo da globalización co fin da Guerra Fría, cando desaparece a Unión Soviética e o bloque comunista que encabezaba, cuxo experimento errado de colectivismo representaba o ocaso dos proxectos de sociedades pechadas e economías protexidas. Aínda que a autodisolución da Unión Soviética produciuse o 25 de decembro de 1991, xeneralizouse simbolizala coa caída do Muro de Berlín o 9 de novembro de 1989.

O proceso de globalización tamén fai entrar en crise ao proteccionismo e o estado de benestar gañara popularidade en período de entreguerras, cando nas nacións capitalistas difúndese a noción de que o Estado ten unha dobre función fundamental no bo funcionamento da economía: un en asegurar a prosperidade da poboación e o outro en evitar os ciclos de crecemento e recesión. Créanse así as bases para a aparición do keynesianismo e o Trato Novo. Nas seguintes décadas posteriores á Segunda Guerra Mundial viuse a urxencia á preeminencia das "corporacións" ou empresas multinacionais, que desprazan a importancia das empresas do capitalismo clásico que tanto Adam Smith como Karl Marx coñeceron cando formularon as súas teorías[7] Viuse en Alemaña un precedente do éxito da liberalización que tomarían outros países: o rexurdimento da súa nación no denominado Milagre alemán.

Con todo, unha nova crise que se iniciou a mediados da década dos sesenta (ver estanflación), agudizada pola crise do petróleo de 1973 provocou unha reorganización radical da economía, fundada na intensa promoción da innovación tecnolóxica (TIC), a reforma das políticas de desenvolvemento (ver Consenso de Washington) e tentativas de desmantelar do Estado de Benestar, que chegou a ser visto como -nas palabras de Margaret Thatcher - un "estado niñeira", sofocador das liberdades e restrinxidor da capacidade de escoller dos individuos. Xa desde a década dos 70 e 80 do século XX varios analistas e políticos atoparon necesario ou conveniente efectuar unha forte crítica, sexa desde un punto de vista pragmático ou desde un punto de vista liberal a formas socio-político e económicas anteriores, que eles consideraban estatizantes e en consecuencia restrictoras tanto das liberdades individuais como do desenvolvemento económico e social, propoñendo novas formas a fin de crear un terreo favorable para a revitalización das economías.

No goberno de Pinochet en Chile (no que se chamou "experimento",[8] ver Milagre de Chile), seguido polo de Thatcher (1979-1990) en Gran Bretaña) e o de Reagan (1981-1989) en EE. UU. etc, implementaron parcialmente as políticas económicas de economistas como Friedrich Hayek e Milton Friedman respectivamente,[9] o que de feito redundou na xeración de novas interrelacións entre os factores económicos e mercados de todo o mundo (consumidores, traballo, recursos naturais, investimentos financeiros etc.); con todo ambos gobernos foron noutras áreas fortemente intervencionistas. A partir de entón outros gobernos aplicarían medidas combinando algún nivel de liberalismo económico xunto coa tecnocracia estatal, moitas veces para poder contentar con algún grado de intervencionismo a sectores sociais e grupos de presión que rexeitan o desmantelamento do Estado de Benestar. Todo este fenómeno en políticas públicas sería coñecido, especialmente polos seus críticos provenientes do socialismo post-Guerra Fría, baixo o confuso termo de "neoliberalismo".

O 9 de novembro de 1989, produciuse a caída do Muro de Berlín, abrindo camiño á implosión da Unión Soviética en 1991 e a desaparición do bloque comunista. A partir dese momento comezou unha nova etapa histórica: a globalización. Ante os feitos en xullo-setembro de 1989 o economista político estadounidense Francis Fukuyama publica un artigo titulado The End of History and the Last Man (en galego O fin da Historia e o últino home), chegou a dicir que «o que poderiamos estar vendo non é só o fin da Guerra Fría, ou dun particular período de post-guerra, senón o fin da historia como tal: isto é, o punto final da evolución histórica da humanidade e a universalización da democracia liberal occidental como a forma final de goberno humano». Posteriormente retractaríase de tal afirmación.

Durante este período destaca o rol dos organismos internacionais como OMC, OCDE, FMI e BM que nas últimas décadas foron retratados como impulsores da globalización, con todo, a globalización sendo un proceso civil e de mercado máis ben tende a ser vista como unha orde espontánea independente dos organismos políticos, sendo discutido se as accións dos organismos supraestatais dificultan no canto de facilitar a globalización.[10] Unha organización privada que anualmente se reune para dar o seu respaldo ao proceso globalizador é o Foro Económico Mundial.

A nova relación socio-económica[editar | editar a fonte]

Barco británico cargado de mercancías cruza do mar Caribe ao océano Pacífico a través do Canle de Panamá. A intensificación do comercio mundial levou ao goberno panameño a lanzar proxectos de ampliación da Canle.

A globalización en se mesma é un proceso continuo e dinámico, que desafía as leis dos países na súa forma de regular o funcionamento de empresas e o comportamento económico dos individuos a nivel internacional que, aínda que poden dar traballo á man de obra desocupada e ser os contratados, tamén poden beneficiarse de irregularidades e debilidades subsistentes nun determinado país. É fácil para estas empresas simplemente trasladar os seus centros de produción a lugares nos cales se lles da o máximo de facilidade. É tamén un desafío aos proxectos de desenvolvemento dos países, especialmente para aqueles que están en vías de desenvolvemento, pois non só considera calquera intervención estatal como inimica aos intereses desas empresas (na medida que tales plans implican regulacións e demandan impostos e outros recursos) senón que ademais asevera que a idea mesma do desenvolvemento social como meta e obxectivo gobernamental ou estatal reclue a liberdade individual e distorsiona tanto a sociedade como o mercado.

Estas foron as pautas dun primeiro momento nesta nova relación socio-económica. Pódese observar, como exemplo, que os altos custos de produción nos países desenvolvidos, que confluíndo cunha apertura dos países do leste oriental, especialmente China e India, aos mercados de capitais e a súa inclusión como membros da Organización Mundial do Comercio (OMC), resultou no traslado masivo da produción industrial desde Europa e EE. UU. a eses ou outros países que ofrecían condicións máis favorables ao incremento das ganancias desas empresas internacionais.

A nivel cultural, o incremento da intercomunicación física e virtual, incrementaron e facilitarón este proceso. A interconexión física baséase na masificación do transporte. A interconexión virtual baséase exclusivamente na tecnoloxía, por exemplo, Internet. Isto levou a dous resultados contradictorios: por unha banda a centralización do control administrativo e político a niveis gobernamentais e corporativos viuse facilitada enormemente. Por outro, facilitouse de xeito igualmente enorme a diseminación de ideas críticas e a comunicación a nivel de cidadáns comúns e correntes, que anteriormente estaban para a súa información a mercé dos medios establecidos ou non podían responder rápida e efectivamente a decisións que os afectaban.

Na cultura[editar | editar a fonte]

Detalle dunha das exposicións dos Guerreiros de Terracota, en Estados Unidos.

A globalización na cultura maniféstase na integración e o contacto de prácticas culturais: marcas, consumo de medios, valores, iconas, personaxes, imaxinario colectivo, costumes, relacións, etc. Nun sentido restritivo do concepto de cultura, enténdese sobre todo o relacionado coa difusión e consumo dos produtos culturais de alcance mundial, fundamentalmente cine, televisión, literatura e música, nos que o factor tecnolóxico multiplica a súa capacidade de difusión a grande escala.

A isto súmase a existencia de focos de atracción para un intenso turismo cultural, manifestados nos principais destinos turísticos e nos grandes eventos expositivos (grandes museos, feiras e convencións) que aspiran a facer accesible unha cultura de alcance mundial, en estreita relación coa ampliación das redes de transporte internacionais, especialmente o aéreo.

O mercado mundial para as industria do entretemento, das que o cine estadounidense foi o maior expoñente ao longo de todo o século XX, depende de dous factores técnicos: medios de comunicación e idioma. A barreira do idioma segue dependendo da realización de doblaxes e traducións, nas industrias de contidos narrativos, creándose mercados sectoriales para as grandes linguas multinacionais como o español ou o francés, ademais da posición dominante do inglés.

Coa progresiva e rápida dixitalización de todos os soportes de comunicación, redúcense as barreiras á difusión mundial, reservada durante boa parte da segunda metade do século XX ás firmas de radiodifusión, os circuítos de exhibición e os acontecementos de cobertura internacional (especialmente os deportivos). A cultura global é polo tanto audiovisual, e de masas. Os argumentos universais narrativos e simbólicos tenden a fundirse nas novas iconas audiovisuais, renovados na súa estética (estilo, actores, efectos especiais, ambientación, etc.)[11]

Importancia das cidades[editar | editar a fonte]

As novas condiciones socio-económicas terminan difuminando o poder e as atribucións dos estados-nación. Ante este panorama xorden con forza as cidades, grandes urbes, que compiten entre elas para atraer capital, talento e turismo. Deixaron de formar parte dun orde xerárquico que establecía a súa preeminencia en factores poboacionais, de conectividade, ou culturais. Na globalización as cidades son unha porta, un modo de acceso á economía global, e as cidades deixan de ser fitos, e pasan a conformar redes. Unha mellor inserción nestas redes supón maior competitividade e atracción. Simultáneamente, a globalización é a impulsora do acelerado proceso de urbanización e metropolización da humanidade. Nos procesos migratorios, ademais das causas económicas, ambientais ou bélicas para abandonar un territorio está a perspectiva de acceder á economía global, da mellora nas condicións de vida que supón en moitos casos chegar á cidade. E unhas teñen moito máis que ofrecer que outras.[12]

Fitos no período de globalización[editar | editar a fonte]

A continuación algúns fitos da crecente interdependencia entre os países do mundo. Non é unha lista que reflicta todo o que a globalización é, pero estes eventos poden identificarse no contexto da mesma.

  • En novembro de 1989 o economista británico John Williamson incluíu nun documento de traballo unha lista de dez políticas que consideraba máis ou menos aceptadas polos grupos económicos con sede en Washington e titulouno o Consenso de Washington (Washington Consensus). para algunhas persoas representan os puntos craves da globalización, con todo ambas cousas non son o mesmo.
  • A creación en 1995 da Organización Mundial do Comercio (OMC) é un dos momentos decisivos da globalización. Por estar integrada pola maioría dos países da poboación mundial: propiedade intelectual, regulación de empresas e capitais, subsidios, tratados de libre comercio e de integración económica, réxime de servizos comerciais (especialmente educación e saúde), etc.
  • Crises económicas: tequila, dragón, vodka, samba, tango: A velocidade e liberdade alcanzada polos capitais para entrar e saír de países e empresas está asociada a unha serie de crise eco-financeiras locais de impacto global. A primeira da serie produciuse en México en 1994/1995 e o seu impacto global coñeceuse como efecto Tequila. Con posterioridade producíronse a crise asiática en 1995/1997 (efecto Dragón), a crise rusa en 1998 (efecto Vodka), a crise brasileira en 1998/1999 (efecto Samba) e a crise arxentina en 2001/2002 (efecto Tango). As reiteradas crises económicas xerou unha ampla discusión sobre o papel desempeñado polo Fondo Monetario Internacional.
  • Detención de Pinochet e creación da Corte Penal Internacional: En outubro de 1998 o ex-dictador de Chile, Augusto Pinochet, foi detido en Londres acusado en España por tortura e terrorismo. O 24 de marzo de 1999 o Tribunal dos Lores do Reino Unido resolveu que Pinochet podía ser extraditado, aínda que finalmente a extradición non foi completada debido á suposta demencia do comandante. O feito é destacado como un punto de inflexión na globalización dos dereitos humanos.
  • Simultáneamente en 1998 asinouse o Estatuto de Roma creando a Corte Penal Internacional, que entrou en vigor o 1 de xullo de 2002 logo de alcanzar a cantidade de ratificacións necesarias. En 2003 a Corte penal Internacional quedou constituída. O principal problema para o funcionamento da mesma é a posición dos Estados Unidos, oposto a súa xurisdicción.
  • Ingreso da China na OMC: En 2001 (Rolda de Doha) e logo de 15 anos de duras negociacións, China ingresou na OMC. Deste xeito o país máis poboado do mundo (22 % da humanidade), quinta economía mundial e a de maior crecemento nos últimos 30 anos, incorporouse plenamente ao mercado mundial. Os enormes desprazamentos de capital e traballo que está causando a economía chinesa, así como as consecuencias para o sistema mundial que terá a vinculación dunha xigantesca e puxante economía de "mercado socialista" (ver tamén socialismo de mercado) co sistema capitalista mundial, son discutidas apasionadamente polos estudosos de todo o mundo. Existe con todo un amplo consenso de que China, e o seu crecente liderado económico en Asia, está impulsando un proceso histórico que será determinante no curso do século XXI e a orientación da globalización mundial.
  • Os atentados do 11 de setembro de 2001, contra o Centro Mundial de Comercio (World Trade Center) de Nova York e o Pentágono, transmitidos en vivo e en directo polas cadeas globais de televisión a toda a Humanidade, adquiriron unha significación mundial. A partir dese momento, a loita contra o terrorismo internacional e a defensa da seguridade nacional dos Estados Unidos, adquirirá unha xerarquía prioritaria na axenda global, propoñerá a necesidade de restrinxir os dereitos humanos para garantir a seguridade, e reinstalará o valor do Estado.
  • Nos disturbios de Francia de 2005, en novembro, miles de mozos franceses, fillos de inmigrantes provenientes do norte de África, protagonizaron durante dúas semanas unha revolta que tivo o seu selo na queima de miles de automóbiles en París. Na rexión de París, máis da metade da poboación menor de 15 anos, é orixinaria de África, o que deu un envorco á cultura da zona en menos dunha xeración. O acontecemento sorprendeu ao mundo e puxo sobre o tapete a cuestión das migraciones internacionais e as desigualdades sociais e territoriais na globalización.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Al-Rodhan, R.F. Nayef and Gérard Stoudmann. (2006). Definitions of Globalization: A Comprehensive Overview and a Proposed Definition. (en inglés)
  2. Albrow, Martin and Elizabeth King (eds.) (1990). Globalization, Knowledge and Society London: Sage. ISBN 978-0-8039-8324-3 p. 8. "...todos os procesos polos cales os pobos do mundo son incorporados nunha sociedade mundial única."
  3. Google Books Ngram Viewer: Globalization
  4. Ferrer, Aldo, Hechos y ficciones de la globalización, Fondo de Cultura Económica, Buenos Aires, 1997, páx. 13.
  5. O'Rourke, Kevin H. and Jeffrey G. Williamson. (2000). "When Did Globalization Begin?" NBER Working Paper No. 7632. (en inglés)
  6. Mc Luhan, Marshall, La galaxia de Gutenberg, Origen Planeta, México, 1985, pag. 45.
  7. John Kenneth Galbraith Capitalismo americano
  8. por exemplo: Sebastián Edwards CEP Centro de Estudios Publico ESTABILIZACIÓN CON LIBERALIZACIÓN: DIEZ AÑOS DEL EXPERIMENTO CHILENO CON POLÍTICAS DE MERCADO LIBRE 1973-1983 en Centro de Estudios Públicos e Edwards, Sebastian e Alejandra Cox Edwards: "Monetarismo y liberalización : el experimento chileno" Fondo de Cultura Económica : ISBN 968-16-3856-5; ISBN 978-968-16-3856-6
  9. Milton Friedman: Chile y el Premio Nobel, por Ángel Soto
  10. A orde espontánea da globalización, por Ezequiel Vásquez
  11. Balló, J.; Pérez, X. La semilla inmortal: los argumentos universales en el cine. Tusquets, 1997.
  12. Seisdedos, Gildo (2007). Cómo gestionar las ciudades del siglo XXI: del "city marketing" al "urban management". Ed. Pearson Educación p. 16.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Globalización Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]