Monte Montefurado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°23′30.58″N 7°12′22.68″O / 42.3918278, -7.2063000

Vista do monte

Montefurado é un monte galego atravesado polo río Sil, furado que os romanos fixeron en busca do ouro deste río.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Pertence ó Macizo Central ourensán. Dá nome á parroquia de Montefurado, no concello de Quiroga.

O burato, tamén coñecido como Boca do Monte, foi construído no século II, en tempos do Emperador Traxano, para desviar o leito do río e poder extraer o ouro que este arrastraba lavando o lodo da antiga conca. Ten uns 400 metros de longo por 19 de ancho, e unha altura media de 17 metros. Unha difícil obra de enxeñaría para a época. Dise que os romanos talaron unha fraga de aciñeiras que había preto do lugar que aínda conserva o topónimo de Enciñeira para romper a roca a fogo. Os romanos estaban acampados no lugar de Sesmil, que toma o seu nome da lexión romana dese nome.

En 1934 unha chea do río provocou o derrube do túnel e que a boca ficase taponada. As augas do río volveron ao seu antigo leito, inundando as terras de labradío. Ata 1935 non empezaron os traballos de limpeza, que se viron paralizados pola guerra civil española. En 1941 volveuse abrir o túnel[1].

Explicacións históricas[editar | editar a fonte]

Túnel auxiliar

Existen varias teorías e explicacións sobre a orixe e uso de Montefurado:

  • Sería unha obra para desviar o leito do río e buscar ouro no antigo leito. Este terreo é empregado actualmente, e de antigo, como lugar de cultivo e a terra non está removida.
  • Podería ter sido unha obra feita para seguir unha veta de mineral de ouro. Ademais do túnel principal existen máis túneles auxiliares xa taponados aínda que hai un preto do principal acceso. O túnel ten dous metros de ancho por outros dous de alto. A súa función é descoñecida.
  • O túnel empregaríase para o lavado do mineral.

Sobre o túnel houbo ata o século XIX unha fortaleza da que xa non queda nada.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]