Mangleiro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe dun manglar en Bangladesh.
Un mangleiro é un grupo de especies de árbores ou arbustos que posuen adaptacións que lles permiten colonizar terreos anegados que están suxeitos a intrusións de auga salgada. Tanto o termo para a árbore, mangleiro, como para o ecosistema, (manglar) inclúe varias especies que teñen adaptacións semellantes, máis que pertencen a familias diferentes. Algunhas destas adaptacións son:
- Tolerancia a altos niveis de salinidade.
- Raíces aereas que estabilizan a árbore en terreos brandos.
- Sementes flotantes (plántulas).
- Estruturas especializadas que permiten a entrada de osíxeno e a saída de dióxido de carbono (lenticelas e neumatóforos).