Xeosfera
A xeosfera e unha parte estrutural da Terra que se estende dende a superficie ata o interior do planeta (uns 6.740 km) Esta capa caracterízase por ter unha estrutura rochosa que serve de soporte ó resto dos sistemas terrestres (biosfera, atmosfera, hidrosfera e criosfera) situados estes sobre a súa parte máis superficial.
Índice |
[editar] Composición
Está composta por sobre todo por 3 tipos de elementos químicos: ferro, osíxeno e silicio, que xunto ao resto dos elementos forman as rochas e minerais que existen nesta capa.
[editar] Distribución
Esta capa divídese en tres partes: codia, manto e núcleo.
[editar] Codia
E a parte máis superficial da Terra. Pódense distinguir dous tipos de codia:
- Codia continental: duns 70 km de grosor, a súa rocha máis abundante é o granito. Pódese observar nos continentes e illas.
- Codia oceánica: duns 10 km de grosor. Na súa composición abunda o basalto.
[editar] Manto
Capa situada debaixo da codia. As rochas que o constitúen son ricas en osíxeno, magnesio, silicio e ferro. Encóntrase a temperaturas entre os 1.500 e 3.000 °C.
[editar] Núcleo terrestre
Ocupa o centro da Terra. Está constituído por rochas ricas en ferro e níquel. Está a unha temperatura duns 6000 °C. Podémolo dividir en dous tipos:
- Núcleo interno: esténdese ata o centro da terra e está en estado sólido.
- Núcleo externo: pénsase que se atopa en estado líquido, alcanza as 3.700 millas de profundidade e os seus compoñentes están sometidos a moita presión e temperatura.