Hidrografía
A hidrografía é unha parte da xeografía física que clasifica e estuda as masas de auga do planeta.
Índice |
Razóns do estudo da hidrografía [editar]
A agua é fundamental para a supervivencia do planeta, a evolución dos seres vivos sempre foi dependente da agua. Foi nela onde que xurdiron as primeiras formas de vida, e, nun proceso de evolución crecente, a partir dela orixináronse as formas terrestres, as cales soamente conseguiron sobrevivir despois de que puideron desenvolver mecanismos fisiolóxicos que lles permitiron colectar a auga do medio ambiente e retela nos seus propios organismos. A agua é o elemento mais crítico e importante para a vida humana, pois comprende do 60 ao 70% do noso peso corporal, regula a nosa temperatura interna e é esencial para todas as funcións orgánicas.
O obxecto de estudo da hidrografía son as correntes de auga da Terra, abrangue por tanto océanos, mares, glaciares, auga do subsolo, lagos, auga da atmosfera e ríos. A maior parte da agua está concentrada en océanos e mares – 1.380.000.000 km³ –, correspondendo ó 97,3% da reserva hídrica do mundo. As augas continentais posúen un volume total de 38.000.000 km³, valor que representa o 2,7% da auga do planeta.
Hidrografía do mundo [editar]
As maiores bacías hidrográficas [editar]
As maiores bacias hidrográficas do mundo son as seguintes (indícase nome, localización e área en km²):
- Bacía Amazónica, Brasil, 7.050.000
- Bacía do Congo, Zaire, 3.690.000
- Bacía do Mississippi, EUA, 3.328.000
- Bacía do Rio da Prata, Brasil-Paraguai-Uruguai-Arxentina, 3.140.000
- Bacía do Obi, Federación Rusa, 2.975.000
- Bacía do Nilo, Exipto, 2.867.000
- Bacía do Ienissei, Federación Rusa, 2.580.000
- Bacía do Níxer, Nixeria, 2.092.000
- Bacía de Amur, Federación Rusa, 1.855.000
- Bacía do Río Amarelo, China, 1.807.199
Os maiores océanos e mares [editar]
Os maiores océanos e mares do mundo son os seguintes (indícase nome, área en km² e profundidade máxima en m):
- Océano Atlántico, 106.100.000, 7.758
- Mar Glacial Ártico, 14.090.000, 5.450
- Mar do Caribe (ou Mar das Caraíbas), 2.754.000, 7.680
- Mar Mediterráneo, 2.505.000, 5.020
- Mar da Noruega, 1.547.000, 4.020
- Golfo de México, 1.544.000, 4.380
- Baía de Hudson, 1.230.000, 259
- Mar da Grenlandia, 1.205.000, 4.846
- Mar do Norte, 580.000, 237
- Mar Negro, 413.000, 2.243
- Mar Báltico, 420.000, 463
- Océano Pacífico, 179.700.000, 11.020
- Mar da China Meridional, 3.447.000, 5.560
- Mar de Okhotsk, 1.580.000, 3.372
- Mar de Bering, 2.270.000, 4.191
- Mar da China Oriental, 752.000 2.720
- Mar Amarelo, 417.000, 105
- Mar do Xapón, 978.000, 4.230
- Océano Índico, 74.900.000, 7.450
- Mar de Arabia, 3.683.000, 5.800
- Golfo de Bengala, 2.172.000, 5.258
- Mar Vermello, 440.000, 2.600
Os maiores ríos [editar]
A seguir, os maiores ríos do mundo (indícase nome, localización, extensión en km e foz):
- Amazonas, Brasil, 6.868, Océano Atlántico
- Nilo, Exipto, 6.671, Mar Mediterráneo
- Río Xi-Jiang, China, 5.800, Mar da China
- Río Mississippi, EUA, 5.620, Golfo do México
- Río Obi, Federación Rusa, 5.410, Golfo de Obi
- Ártico Huang Ho, China, 4.845, Mar Amarelo
- Río da Prata, Arxentina, 4.700, Océano Atlántico
- Mekong, China, 4.500, Mar da China
- Río Amur, Federación Rusa, 4.416, Estreito da Tartaria
- Río Lená, Federación Rusa, 4.400, Mar de Laptev/Ártico
(Fonte: Atlante Xeográfico di Agostini)
Os maiores lagos [editar]
A continuación aparecen os maiores lagos do mundo (indícase nome, localización, área en km² e profundidade máxima en m):
- Mar Caspio, Oeste da Asia, 371.000, 1.025
- Lago Superior, EUA/Canadá, 84.131, 406
- Vitoria, Uganda/Tanzania/Quenia, 68.100, 73
- Huron, EUA/Canadá, 61.797, 229
- Michigan, EUA, 58.016, 281
- Mar de Aral, Cazaquistán/Uzbequistán, 41.000, 68
- Tanganica, Congo (ex-Zaire)/Zambia/Burundi/Tanzania, 32.893, 1435
- Gran Lago do Oso, Canadá, 31.792, 90
- Lago Baikal, Federación Rusa, 31.500, 1.620
- Lago Niassa (ou Malawi), Zimbabue/Malaui/Mozambique, 30.800, 678