Serra de Meira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedregal de Irimia.

A serra de Meira é unha aliñación montañosa da provincia de Lugo, pertencente ao macizo Galaico e forma parte das serras orientais de Galiza. Esténdese ao oeste do río Eo. Na súa vertente oeste nace o río Miño. Está formada por lousas paleozoicas. O seu monte máis alto é o monte Meira, de 896 m de altitude.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]