Comarca de Valdeorras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.



Comarca de Valdeorras
Concellos da Comarca de Valdeorras

A Comarca de Valdeorras é unha das 53 comarcas nas que oficialmente se divide Galicia. Pertencen a ela os seguintes concellos: O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. En total abrangue 969.2 km², caracterízase pola súa elevación, aquí está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O xentilicio é valdeorrés/valdeorresa.

Índice

[editar] Xeografía

O río Sil conforma a comarca en tres áreas, o propio val e as serras que se sitúan ao seu norte e sur. O val do Sil contén numerosos sedimentos terciarios, nas serras do sur, Serra do Eixe, Serra Calva e Serra Segundeira atópanse as maiores altitudes de Galicia, dominando os relevos abruptos con abondosas formas periglaciais. O relevo montañoso do norte fórmano a Serra de Cereixedo, Serra dos Cabalos e Serra da Enciña da Lastra. O sistema fluvial da comarca céntrase no Sil, é o principal curso de auga e todos os outros ríos son afluentes del, os tributarios da dereita son ríos curtos, xa que os cumios están próximos ao val, destacando o río Éntoma, e o Leira, os tributarios da esquerda son máis longos, destaca entre eles o Casaio. O clima da comarca é oceánico de montaña nas áreas máis elevadas e oceánico de matiz mediterráneo no Val do Sil. Valdeorra conta con espazos protexidos, o parque natural da Serra da Enciña da Lastra, o Macizo Central e o Pena Trevinca

Poboación da Comarca de Valdeorras
Concello    2010
O Barco de Valdeorras 14.134
O Bolo   1.117
Carballeda de Valdeorras   1.866
Larouco      584
Petín   1.032
A Rúa   4.754
Rubiá   1.583
A Veiga   1.075
Vilamartín de Valdeorras   2.072
TOTAL  28.217
Fonte: IGE

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Valdeorras

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Docampo Paradelo, Gustavo e Picouto, Millán (1992), O Barco e a terra de Valdeorras, A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-87674-23-5.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas