Río Eo
| Eo | |
|
|
|
| País | |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Fonteo (Baleira)[1] |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 99 km [1] |
| Caudal medio | 19,61 m³/s[1] |
| Conca | 828 km² [1] |
| Desembocadura | Ría de Ribadeo / Mar Cantábrico[1] |
O río Eo é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica que discorre por terras de Galicia e Asturias, delimitando ao cabo a fronteira entre ambas. Desemboca no mar Cantábrico pola ría de Ribadeo. A súa cunca ten unha extensión duns 819km², dos que 3/4 atravesan terreo galego. É apto para a pesca de salmóns.
O nome provén do vocábulo Ego, que en tempos romanos alternou con Egoba, e así o atestigua Plinio ao falar dos Egobarri, os habitantes da beira da ría. De Ego vén Eo e tamén as formas medievais Iuve (775), Euve (875), e finalmente Ove (905-), nome dunha parroquia de Ribadeo, próxima á Ría.
Sen prexuízo do anterior, durante séculos o seu decurso inferior designouse como Río de Miranda, e a parte inicial do seu esteiro como Ría de Abres, aceptando como límite aproximado entre a ría de Abres e a Ría e Ribadeo a ponte estradal de Porto, Ribadeo.
Índice |
Datos [editar]
- Nacemento: Fonteo, Baleira, Lugo, Galicia
- Desembocadura: Mar Cantábrico, formando a ría de Ribadeo, entre Ribadeo (Galicia) e Castropol (Asturias)
- Lonxitude: 91,5 km
- Afluentes principais
- Outros afluentes
- Polo oeste: río Liñeiras, río Ouria
- Polo leste: río de Ríotorto, río Trabada
- Poboacións que atravesa: A Pontenova en Galicia; Santiso de Abres e Abres, en Asturias. Desemboca cerca da Veiga dando lugar á mencionada ría.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 CHC. "Ficha do río Eo". http://www.chcantabrico.es/index.php?option=com_content&view=article&id=460%3Ario-eo&catid=170%3Arios&Itemid=216&lang=gl. Consultado o 23 de decembro de 2010.