Río Limia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Limia
Río Lima, Ponte de Lima
País Galicia Galicia
Portugal Portugal
Rexión n/d
Nacemento Monte Talariño
Altitude n/d
Lonxitude 108 Km
Caudal medio
Conca
Desembocadura Viana do Castelo
Océano Atlántico

O río Limia (en portugués "rio Lima") é un río ibérico que decorre por Galiza e por Portugal.

Nace a 975 m de altitude no monte Talariño, na provincia de Ourense, atravesa o sur de Galiza, baña a Xinzo de Limia, e entra en Portugal tras percorrer 41 km xunto á árida Serra da Peneda, baña Ponte de Lima e desauga en Viana do Castelo. En total ten unha lonxitude de 108 km. Todo o seu curso, tanto en Galiza como en Portugal, atravesa rexións fértiles.

Conca fluvial do Limia en Galiza (en azul escuro)

Os romanos identificaron o río Limia co mitolóxico río Lethes, que tiña a propiedade de que quen o atravesase este río mítico esquecía cal era a súa orixe e ficaba a morar na súa ribeira. Conta Plinio, que o xeneral Xuño Bruto atreveuse a pasalo de primeiro e, dende a outra beira, comezou a citar os nomes dos seus compañeiros para disipar os seus temores.


Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: