Impala

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Impala
Impala.JPG
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Domesticado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Xénero: Aepyceros
Nome científico
Aepyceros melampus
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O impala (Aepyceros melampus) é unha especie de antílope africano de estatura media. Pola súa apariencia similar, anteriormente creíase emparentado coas gacelas. Porén, novos estudos actuais sitúan ao impala na familia dos antílopes africanos.


[editar] Características

Este animal é célebre polos seus grandes saltos que poden chegar a alcanzar os 10 m de lonxitude. A súa altura de omóplato é de 90 cm e o seu peso varía dende os 40 kg (femia) ata os 65 kg (macho). Por enriba é de cor marrón clara. O ventre, o peito, o pescozo e o queixo teñen cor branca. Nos cuartos traseiros posúe unha liña vertical escura e un penacho de pelo negro nas patas posteriores, enriba das pezuñas. A súa testa é grácil, os seus ollos grandes e as súas orellas finas e afiadas. Os machos son os que levan cornos, que poden chegar a medir ata uns 90 cm de longo.

[editar] Modo de vida

Impala saltando

O impala é un mamífero ruminante e polo tanto aliméntase de herbas, follas e sementes. Vive en bosques pouco densos e na sabana salpicada por árbores. Este animal, en lugar de permanecer en campo aberto, como fan a maioría dos antílopes que pastan, corre para se pór a cuberto ante calquera ameaza.

Mentres dura a tempada de reprodución, por regra xeral, un macho dos impalas vixía a un grupo de femias, camiñando dun lado ao outro, expoñendo a súa cornamenta, coas orellas axustadas e o rabo erguido.

A loita dos machos polo seu harén divídese en tres series de combates.

  • Primeira, o desafiador amosa a súa parte clara do ventre, bocexa e saca a súa lingua con rapidez. Despois, coma provocación ao combate nega a testa.
  • Na segunda fase ambos rivais, situados un enfronte do outro e coas testas erguidas, achéganse e retíranse.
  • Se posteriormente ningún dos dous se dá por vencido, cravan os seus cornos, e empuxan cara adiante e cara atrás, sepáranse e comezan de novo coa última fase ata que un dos dous animais se rende.

As femias viven coa súa cría en mandas de dez a cen animais. Aparte deles aínda se forman mandas de machos novos e maiores, que son demasiado débiles para defender o seu territorio. Os machos de mediana idade son solitarios e territoriais e esixen cada unha das femias que pase polo seu territorio para el.

O impala é o animal que menos dorme no Reino Animal, xa que apenas ten tres horas de descanso e ademais ten unha especie de alarma, que determina por exemplo a hora á que debe erguerse[Cómpre referencia].

[editar] Distribución

Distribución do impala

A área de distribución alcanza dende Kenia e Uganda vía Tanzania, Zambia, Mozambique e Zimbabwe ata Botswana e o noreste de África do Sur.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Impala
Ferramentas persoais