Distrito Kampala
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 00°19′N 32°35′E / 0.317°N 32.583°E
Kampala District é un distrito da Rexión Central de Uganda, que ocupa o que é a capital do país, Kampala. A principal lingua do lugar é o luganda, aínda que se poden oír moitas outras linguas como o inglés, o suahili, o runyankole/rukiga, o acholi ou o lusoga.
O distrito atópase dentro do Reino de Buganda. Limita polo sur, oeste e norte co Distrito Wakiso, e polo leste co concello de Kira.
Segundo o censo do ano 2002, o distrito tiña unha poboación de aproximadamente 1.189.100 habitantes,[1] estimándose a súa poboación para o 2011 de 1.659.600 habitantes.[2]
Divisións administrativas [editar]
O distrito subdivídese en cinco divisións administrativas:
- Kampala Central
- Kawempe
- Nakawa
- Makindye
- Lubaga
Notas [editar]
|
||||||||||||||