Cobras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Serpentes
Pitón real
Clasificación Científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Squamata
Suborde: Serpentes
Familias

Acrochordidae
Aniliidae
Anomalepididae
Anomochilidae
Atractaspididae
Boidae
Bolyeriidae
Colubridae
Cylindrophiidae
Elapidae
Hydrophiidae
Leptotyphlopidae
Loxocemidae
Pythonidae
Tropidophiidae
Typhlopidae
Uropeltidae
Viperidae
Xenopeltidae

As cobras [1] son réptiles poiquilotérmicos, é dicir, de sangue frío, e sen patas pertencentes á suborde Serpentes, bastante próximos dos lagartos, cos cales partillan a orde Squamata.

Hai tamén varias especies de lagartos sen patas que se asemellan ás cobras, sen estaren relacionados con estas. A atracción polas cobras coñécese como ofiofilia, a repulsión ofiofobia. O estudo dos réptiles chámase herpetoloxía (da palabra grega usada para serpente).

Índice

En Galiza [editar]

En Galiza hai seis especies de cobras:

  • Cobregón (Malpolon monspessulanus; cast. culebra bastarda; port. cobra-rateira). É a maior dos ofidios galegos, o maior exemplar medía 182 cm, mais a maioría miden entre 90 e 140 cm. A mordedura non acostuma ser perigosa para o ser humano.
  • Cobra lagarteira común' (Coronella austríaca; cast. culebra lisa europea; port. cobra-austríaca, cobra lisa). É un ofidio de tamaño pequeno, e común nos toxais e queirogais.
  • Cobra lagarteira meridional (Coronella girondica; cast. culebra lisa meridional, culebra bordelesa; port. Cobra-bordalesa). É unha cobra pequena e mide entre 50 e 70 cm. Aliméntase sobre todo de saurios (e algún artrópodo).
  • Serpe riscada (Elephe scalaris; tamén se chama cobra de escada; cast. culebra de escalera; port. cobra-de-escada, riscadinha, cobra riscada). É un ofidio grande, con corpo musculoso. É unha especie pouco frecuente, agás algunha zona da costa meridional coruñesa.
  • Cobra de colar (Natrix natrix; cast. culebra de collar; port. cobra-de-agua-de-colar). É o ofidio máis coñecido e abundante. Teñen mala sona, mais inxustamente pois son totalmente inofensivas. En moitos sitios confúndena coa víbora. Aliméntanse sobre todo de anfibios, aínda que tamén comen algunha ave e peixes.
  • Cobra viperina (Natrix maura; cast. culebra viperina; port. cobra-de-áuga-viperina). Esta cobra asemella unha víbora mais é inofensiva. É abundante na metade sur da Galiza.

Galería de imaxes [editar]

Notas [editar]

  1. Non se debe confundir este termo co empregado para aludir ás cobras das familias Naja e Ophiophagus, ambas membros da familia Elapidae.

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]