Misandria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A misandria é un sentimento sexista de aversión polos homes en xeral ou a doutrina que defende a inferioridade dos homes en relación ás mulleres. Non se debe confundir coa androfobia que é unha fobia caracterizada polo medo aos homes.

Pensadoras misandrias[editar | editar a fonte]

  • Céline Renooz: Publicou en 1897 Psychologie comparée de l'homme et de la femme, onde afirma a superioridade natural e social da muller ao considerar que o principio feminino como espiritual mentres que o masculino é sensual. Durante a Primeira Guerra Mundial creou Action des femmes que reivindicaba a primacia do dereito maternal nos nenos, a creación dunha cámara segunda parlamentaria exclusivamente feminina e dun Tribunal Supermo das Nais. Pódese considerar a inauguradora do separatismo de sexos.
  • Madeleine Pelletier: Publicou en 1933 a súa autobiografía novelada, La Femme vierge, maniféstase en contra do matrimonio, contra da unión libre e a favor dunha virxindade militante ao considerar a sexualidade unha obsesión masculina.
  • Valerie Solanas: Publicou en 1967 o SCUM Manifesto no cal preconiza unha revolución para crear unha sociedade sen homes, considerados os responsables de todos os males da humanidade.
  • Aline d'Arbrant: Publicou en 1997 La Gynarchie no cal pon as bases dunha sociedade feminina onde os homes serían educados ao servizo do sexo feminino, superior a eles.