Billie Holiday

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Billie Holiday
Billie Holiday 1949.jpg
Billie Holiday fotografada por Carl Van Vechten.
Nome completo Eleanora Harris[1]
Naceu 7 de abril de 1915
Orixe Filadelfia, Pensilvania, Estados Unidos de América Estados Unidos
Morreu 17 de xullo de 1959, en Nova York, Estado de Nova York, Estados Unidos de América Estados Unidos
Ocupación (s)
  • cantante
  • compositora
  • actriz
Xénero jazz, blues, swing
Tempo en activo 1933-1959

Billie Holliday, ou Lady Day para os fans, nada en Filadelfia (Pensilvania) o 7 de abril de 1915 e finada en Nova York o 17 de xullo de 1959, foi unha cantante de jazz estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada co nome de Eleanora Fagan, naceu en Baltimore en 1915, filla de Clarence Holiday, guitarrista da Orquestra de Fletcher Henderson, que nunca casou coa súa nai e nunca a recoñeceu. Cambiou o seu nome polo da actriz Billie Dove e usou o apelido do seu pai. Tras unha infancia dura foi descoberta por John Hammond en 1933 e comezou a gravar cos mellores músicos de Jazz da época. A súa vida estivo marcada polos seus problemas cos homes e coas drogas, morrendo nun hospital en 1959 cun policia na porta do seu cuarto. Hoxe é considerada sen discusión a mellor cantante da historia do Jazz.

O seu estilo, desenvolvido a partir dos de Louis Armstrong e Bessie Smith residia nas leves alteracións do ritmo que utilizaba anticipandose ou retrasándose ao beat e o sentimento co que era capaz de impregnar o tema mais banal. Pese a non saber música, algúns dos seus maiores éxitos foron composicións propias, escritas en colaboración cos seus pianistas. En 1939 compuxo "Strange fruit" sobre un dos por aquel tempo comúns linchamentos de cidadáns negros no Sul, que se converteu nun hino.

Discos[editar | editar a fonte]

  • The Complete Columbia Recordings (1933-1950)
  • The Complete Commodore Recordings (1939-1944)
  • The Complete Original American Decca Recordings (1944-1950)
  • The Complete Billie Holiday on Verve (1950-1959)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. History "Billie Holiday wishing on the Moon" p. 9.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]