Efecto Weinstein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Harvey Weinstein foi acusado de conduta sexual inapropiada cara a actrices e executivas.

O efecto Weinstein[1][2] fai referencia a unha tendencia mundial onde as denuncias de acoso sexual e agresión sexual contra celebridades publicítanse e desencadean respostas de empresas e institucións.[3][4] Leva o nome do produtor estadounidense Harvey Weinstein, cuxas acusacións de abuso sexual precipitaron un «recoñecemento nacional» inmediato contra o abuso sexual en 2017.

Composto por outros casos de acoso sexual a comezos do ano, os informes sobre Weinstein e a subseguinte campaña de cancelo #MeToo («eu tamén»), que alentou ás persoas a compartir as súas experiencias reprimidas de conduta sexual inapropiada, crearon unha serie de acusacións en múltiples industrias que provocaron a rápida expulsión de moitos homes en posicións de poder tanto nos Estados Unidos como, a medida que se estendeu, en todo o mundo. Na industria do entretemento, as acusacións levaron á saída de actores e directores por igual. Máis prominentemente, o actor Kevin Spacey, o comediante Louis C. K. e o cineasta Brett Ratner tiveron proxectos cancelados despois de polo menos seis acusacións cada un. Máis de 200 mulleres acusaron ó cineasta James Toback de acoso sexual. No xornalismo, as acusacións levaron á saída de editores, publicistas, executivos e presentadores. Noutras industrias, o chef John Besh e outros executivos de finanzas e relacións públicas foron despedidos.

Notas[editar | editar a fonte]