August Bebel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
August Bebel
August Bebel 3.jpg
August Ferdinand Bebel
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 22 de febreiro de 1840
Lugar: Köln-Deutz, Alemaña
Falecemento: 13 de agosto de 1913
Lugar: Soterrado en Zúric, Suíza
Organización: Partido Socialdemócrata de Alemaña
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Presidente do SPD
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Político, torneiro
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}
August Bebel en 1898.

August Ferdinand Bebel, nado en Deutz o 22 de febreiro de 1840 e finado o 13 de agosto de 1913, foi un político alemán, un dos fundadores do Partido Socialdemócrata de Alemaña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bebel naceu a carón de Colonia, fillo de Johann Gottlob Bebel e Wilhelmine Johanna Bebel, despois da morte de seu pai de tuberculose en 1844 a súa nai volveu casar pero o seu padrasto morreu aos dous anos e a familia pasou serios apuros económicos, trasladándose a Wetzlar, onde August comezou a escola primaria. En 1853 morreu súa nai, August pouido seguir estudando grazas a unha pensión para orfos pero tivo que deixalo para entrar a traballar no obradoiro dun mestre torneiro, sen deixar de ler todo o que podía. Tras recibir o título de compañeiro (Gesellen) en 1858 emprendeu unha viaxe como era tradición nos gremios alemáns, exercendo o seu oficio en cidades e vilas do sur de Alemaña e Austria. Estableceuse en Leipzig traballando nun grande obradoiro, ingresando en 1861 na recén creada asociación local de artesáns, de ideoloxía liberal, en 1864 estableceuse como mestre no seu propio obradoiro. Participara xa na creación da Asociación Xeral de Traballadores Alemáns de Ferdinand Lassalle en 1863 e en 1867 fundou o Partido Popular Saxón xunto a Wilhelm Liebknecht, quen o introducira nas ideas marxistas, e o Partido Socialdemócrata dos Traballadores de Alemaña en 1869, que se acabou integrando na "Asociación Xeral de Traballadores Alemáns") en 1875 para formar o Partido Socialista dos Traballadores de Alemaña, o cal mudou de nome en 1890 para denominarse Partido Socialdemócrata de Alemaña en 1890.

En 1872, Bebel viuse implicado nun proceso xudicial coñecido como Leipziger Hochverratsprozess e sentenciado a dous anos de cárcere en Festungshaft ("prisión nunha fortaleza"), que pasou na Fortaleza de Königstein. Bebel foi máis tarde presidente do SPD e membro do Reichstag.

Morreu en 1913 durante unha visita a un sanatorio suízo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: August Bebel

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]