Permiso por maternidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Celebración do permiso por maternidade no Parlamento Europeo.

O permiso por maternidade é un beneficio laboral dispoñible en case todas as nacións.[1] que prevé a ausencia remunerada do emprego para poder coidar dun neno ou para realizar tarefas que proporcionen benestar ó neno. O "permiso por paternidade" normalmente inclúe excedencia laboral por maternidade, paternidade e adopción. En 2014, a Organización Internacional do Traballo revisou as políticas de permiso de maternidade en 185 países e territorios, concluíndo que tódolos países, agás os Estados Unidos e Papúa Nova Guinea, posúen leis que protexen o permiso por maternidade. Estas leis diferen ligeiramente entre si, dependendo de se a remuneración é pagada pola entidade empregadora ou pola seguridade social.[2]

Nalgunhas xurisdicións, a excedencia laboral familiar esténdese ás situacións de familiares doentes. A miúdo, os requisitos de elixibilidade son estabelecidos pola lei.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]