Feminismo socialista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O feminismo socialista é unha corrente teórica e política que fai unha crítica tanto do capitalismo como do patriarcado, salientando as esferas tanto pública como privada a vida das mulleres, e que argumenta que a liberación só pode ser lograda a través de pór fin ás fontes tanto económicas como culturais da opresión das mulleres. É unha teoría e movemento que amplían o argumento tradicional marxista do papel da sociedade de clases na opresión das mulleres.

Definición[editar | editar a fonte]

Comparte certos aspectos da teoría do feminismo radical relacionados coa súa crítica do papel do patriarcado, e co feminismo liberal en relación coa necesidade de loitar por dereitos iguais na sociedade actual. Ó mesmo tempo, rexeita a formulación central do feminismo radical de que o patriarcado é a única ou central fonte da opresión das mulleres, e a idea fundamental do feminismo liberal de que as mulleres se poden liberar no eido da sociedade de clases sen unha transformación das relacións de produción a súa opresión, xa que é clave para a existencia mesma do capitalismo.