Embarazo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Muller embarazada
Muller embarazada

A xestación ou embarazo é o proceso no que crece e se desenvolve o feto no interior do útero. O embarazo iníciase no momento da nidación e termina co parto. A definición legal do embarazo segue á definición médica. Para a Organización Mundial da Saúde (OMS) o embarazo inicia cando termina a implantación. A implantación é o proceso que comeza cando se adhire o blastocito á parede do útero. Isto ocorre 5 ou 6 días logo da fertilización. Entón o blastocito penetra o epitelio uterino e invade o estroma. O proceso complétase cando a protuberancia villi e o defecto na superficie do epitelio péchase. Isto ocorre entre o día 13-14 logo da fertilización.

En 1998 o Comité de Aspectos Éticos da Reprodución Humana e a Saúde das Mulleres da Federación Internacional de Xinecología e Obstetricia (FIGO) definiu ao embarazo como a parte do proceso da reprodución humana que comeza coa implantación do conceptus na muller.

Unha vez iniciado o embarazo na especie humana, as mulleres atravesan un proceso que dura 40 semanas a partir do fin da última menstruación ou 38 semanas a partir do día da fecundación. Polo común asóciase a 9 meses.

Dentro do útero, o feto está flotando no líquido amniótico, e á súa vez o líquido e o feto están envolvidos no saco amniótico, que está pegada ó útero. No pescozo do útero, fórmase un tapón durante o embarazo para evitar que salga o líquido. E como barreira ao ingreso de corpos estraños; o que facilita moito as relacións sexuais durante o embarazo, que seguen erotizando á parella.

Mentres permanece dentro, o produto da fecundación, cigoto, embrión ou feto obtén nutrientes e osíxeno e elimina os refugallos do seu metabolismo a través da placenta. A placenta está pegada ó útero e está unida ó feto polo cordón umbilical, por onde recibe alimento.

De acordo óseu desenvolvemento, o embarazo adóitase dividir en tres etapas de tres meses cada unha, co obxectivo de simplificar a referencia ós diferentes estados de desenvolvemento do feto.

Durante o primeiro trimestre o risco de aborto é maior (morte natural do embrión ou feto). Isto ten maior incidencia en embarazos conseguidos mediante fecundación in-vitro, xa que o embrión implantado podería deixar de desenvolverse por fallos nos cromosomas herdados dos gametos dos seus proxenitores.

Durante o segundo trimestre o desenvolvemento do feto pode empezar a ser monitoreado ou diagnosticado.

O terceiro trimestre marca o principio da viabilidade, que quere dicir que o feto podería chegar a sobrevivir de ocorrer un nacemento temperán natural ou inducido.

Índice

[editar] Detección e data de fecundación

O principio do embarazo pode ser detectado de diferentes xeitos, incluíndo varias probas de embarazo que detectan hormonas xeradas por placenta recentemente formada. Probas clínicas de ouriños e de sangue detectan o embarazo desde os 6 a 10 días logo da concepción. As probas de embarazo caseiras son probas de ouriños persoais, que normalmente non poden detectar un embarazo senón ata 12-15 días logo da fecundación. Ambos tipos de proba soamente poden detectar o estado, pero non a data de inicio do embarazo.

[editar] Primeiros síntomas do embarazo

Talvez o primeiro signo do embarazo sexa a sensación de estar embarazada de verdade, algo que ten que ver coa primeira secreción das hormonas do embarazo. Estas hormonas afectan ó corpo, así como á mente e ós sentimentos. Outro dos primeiros signos é o cansazo. Aínda que algunhas mulleres senten renovada enerxía, a maioría confesarían sentir intensa fatiga. É un tipo de cansazo novo. Algunhas afirman quedar durmidas a calquera hora do día, ás veces ó pouco de saír da cama, e outras aseguran sentir tal somnolencia na sobremesa. Outras senten cansazo pronunciado ó chegar a noite. Dita fatiga é a cotío incontrolable e esixe o soño. Nunca se atopou unha explicación a este estraño desexo de durmir. Crese que é un efecto da proxesterona, que acada niveis elevados no sangue a comezos do proceso. Esta hormona é un sedante para os seres humanos, con fortes efectos tranquilizantes e hipnóticos. Nas etapas posteriores preséntase outro tipo de fatiga debida simplemente a cansazo corporal, pero de cando en cando ocorre no primeiro trimestre do embarazo.

Logo de dúas semanas de ocorrida a fecundación notará a ausencia de menstruación. É un signo clásico do embarazo. Denomínase amenorrea secundaria. Ademais do embarazo son causas da amenorrea unha enfermidade física grave, un shock moi forte, o efecto dunha viaxe en avión, unha operación ou a ansiedade poden atrasar a menstruación. Tamén é común ter unha leve hemorraxia unha vez embarazada, no momento do período normal.

[editar] Mareos matutinos

As náuseas, ás veces acompañadas de vómitos, adoitan coñecerse como mareos matutinos, aínda que poden ocorrer a outras horas do día. Tamén náuseas ó cheirar algún tipo de comida. Raramente continúan tralos tres meses e desaparecen gradualmente. A causa radica no crecente nivel de hormonas que circulan polo sangue, que poden ter un efecto directo nas paredes do estómago. Unha delas, a gonadotrofina coriónica humana (GCH), prodúcese para contribuír ós niveis de estróxenos e proxesterona que manteñen o embarazo. A súa existencia nos ouriños confirma o embarazo. A acumulación de GCH corre máis ou menos paralela ós momentos das náuseas, e empeza a diminuír entre as 12 e as 14 semanas. As hormonas provocan unha rápida eliminación de azucre do sangue, o que pode facer sentir fame e mareos.

[editar] Gustos e antollos

O cambio no gusto e a preferencia por certos alimentos pode ser un dos primeiros signos. É común o rexeitamento a certos alimentos e bebidas (frituras, café, alcohol), e ó fume de cigarros. A cotío descríbese un sabor metálico na boca que fai variar o gusto polos alimentos. Crese que os antollos débense ó aumento dos niveis hormonais; ás veces experiméntanse na segunda metade do ciclo menstrual polo mesmo motivo.

[editar] Desexos frecuentes de ouriñar

A medida que se distende o útero, oprime a vexiga. Por este motivo, esta trata de expulsar pequenas cantidades de ouriños, e moitas mulleres senten desexos frecuentes de ouriñar desde a primeira semana trala concepción; quizais necesiten ir ó cuarto de baño cada hora. Cara ás 12 semanas, o tamaño do útero aumentará, de modo que subirá e sairá da cavidade pelviana. Isto reducirá a presión sobre a vexiga e a frecuencia da micción polo que a vexiga vaise cara a un lado.

[editar] Factores de risco

Diversos factores aumentan a posibilidade de que unha muller teña un embarazo de risco:

  • Idade menor a 18 anos ou maior a 35 anos.
  • Embarazos múltiples.
  • Problemas nun embarazo previo.
  • Fillos anteriores con algunha malformación.
  • Peso corporal menor de 45 kg ou maior a 90 kg (varía de acordo a talla)
  • Talla menor a 140 cm.

[editar] Embarazos de coidado especial

Hai embarazos que, polas súas especiais circunstancias, requiren un coidado e un seguimento específico. Neles poden xurdir complicacións ou problemas imprevistos que deben ser atendidos pronta e profesionalmente para evitar colocar á nai ou ao bebé en situación de risco.

[editar] Embarazos en Adolescentes

O 33% de mulleres en países en vías de desenvolvemento ten un parto antes de cumprir 20 anos. Moi poucos destes embarazos son planeados ou desexados polas adolescentes. Moitas delas son forzadas polas presións sociais a ter matrimonios temperáns e embarazos temperáns, ou son resultado de adolescentes ás que se lles negou libre acceso a anticonceptivos. O embarazo en adolescentes pode ter consecuencias adversas para a saúde tanto de curto prazo como de longo prazo. No curto prazo o resultado do embarazo será moi probablemente desfavorable. Unha razón é biomédica. A nena adolescente embarazada é máis propensa a sufrir toxemia de embarazo e desproporción cefalo-pélvica cando os ósos da pelve non se desenvolveron completamente. E ten máis probabilidades de ter un bebé con baixo peso de nacemento. Outro tipo de consecuencias a longo prazo son as fístulas obstétricas, que a consecuencia do traballo de parto prolongado ou obstruido, é un orificio entre a vaxina e a vexiga ou o recto, o cal causa que a muller padeza de incontinencia crónica. Este padecimiento afecta a máis de dous millóns de nenas e mulleres en todo o mundo e estímase que cada ano agréganse entre 50.000 e 100.000 novos casos.

[editar] Anemia

O estado de anemia xa existente non é obstáculo para o embarazo: un 20% das mulleres poden estar algo anémicas antes de concibir. A forma máis común de anemia débese á perda de sangue durante a menstruación, e é unha anemia por deficiencia de ferro (cando o nivel de hemoglobina é inferior a 12,8 g/100 ml de sangue). Antes de concibir sería conveniente consultar ao médico, quen poderá corrixir facilmente a anemia por deficiencia de ferro cun tratamento específico. Tamén poderá aumentar a inxestión de alimentos ricos en ferro.

[editar] Hemorraxia preparto

Antes das 24 semanas, unha hemorraxia vaxinal pode desembocar en aborto. Despois, o feto considérase viable, é dicir que podería sobrevivir fóra do útero materno. A hemorraxia tras as 24 semanas coñécese como hemorraxia preparto, e as dúas causas principais proceden da placenta.

[editar] Desprendemento de placenta

Se a placenta se desprende do útero, producirase hemorraxia. O sangue acumúlase ata derramarse polo pescozo do útero. O tratamento pode consistir en repouso e ecografías, e posiblemente cesárea.

[editar] Placenta previa

Cando a placenta está adherida á parte inferior da parede do útero, denomínase placenta previa. Se se atopa total ou parcialmente sobre o pescozo uterino, pode resultar perigosa durante o parto, ó provocar hemorraxia e interromper a circulación sanguínea do feto. O problema detéctase con ultrasonido. Se se produce hemorraxia, ingresarana no hospital e o neno nacerá mediante cesárea.

[editar] Diabete

Se a embarazada ten diabete mellitus debe asegurarse de ter baixo control a súa situación antes de quedar embarazada, para que as posibilidades de ter un fillo san e un parto normal sexan o máis altas posibles. É probable que necesite unha maior cantidade de insulina durante o embarazo e o seu doutor encargarase de facer un seguimento detallado da cantidade que precise en cada momento, pois pode variar. Tamén é probable que deba acudir con maior frecuencia ó hospital para realizar as probas prenatales e deberá pór un especial coidado na súa dieta.

Hai mulleres a quen se lles diagnostica diabete mellitus xestacional, un tipo de diabete que se desenvolve só durante o embarazo e que adoita desaparecer pouco despois do parto. Os riscos deste tipo de diabete son menores e raramente se precisa insulina; con reducir a inxesta de azucre adoita ser suficiente.

[editar] Embarazo ectópico

O embarazo ectópico desenvólvese fóra do útero, polo xeral nunha das trompas de Falopio. Pode provocar dor abdominal polo crecemento do embrión na trompa ou por unha hemorraxia abdominal interna. Desgraciadamente, é difícil diagnosticar un embarazo ectópico e aínda hai mulleres que morren como consecuencia diso. Hai unha serie de condicionantes que favorecen o aumento de risco de padecer embarazos ectópicos. Entre eles, unha historia anterior de infección pélvica, o uso dun dispositivo intrauterino contraceptivo (aínda que non a espiral de Mirena) e un embarazo ectópico previo. As mulleres que reúnan algún dos condicionantes referidos son controladas de inmediato nun centro maternal para asegurarse de que o desenvolvemento do embarazo é normal. O embarazo ectópico debe ser tratado mediante cirurxía ou cun fármaco. As operacións consisten en cirurxía laparoscópica ou aberta, dependendo das circunstancias e das condicións da nai, e adoitan levar a extirpación da trompa afectada. Adoitan causar unha redución da fertilidade.

[editar] Cardiopatía

A maioría das mulleres con problemas cardiolóxicos levan un embarazo perfecto, aínda que ás veces deban recorrer ós antibióticos para protexer as súas arterias no momento de dar a luz. Se padece algunha cardiopatía importante, o cardiólogo encargarase de comunicarllo. As mulleres con marcapasos, un transplante de corazón e outra operación coronaria poden levar un embarazo seguro e normal. As que presenten anormalidades musculares deben consultalo antes de quedar embarazadas.

[editar] Hipertensión

Denomínase hipertensión ó aumento da presión sanguínea. Esta ten dous compoñentes, por exemplo: 120/70. Un aumento da cifra menor, a presión diastólica, é motivo de preocupación para os médicos, xa que corresponde á medida do bombeo cardíaco en repouso. Se padece hipertensión, é recomendable que a muller consulte ó seu médico antes de quedar embarazada. Posiblemente se lle indique un cambio de fármacos e se lle faga un seguimento do seu estado renal. Cunha atención correcta, non hai ningunha razón que impida ter un embarazo e un parto normais, aínda que poida que a muller ingrese antes de tempo no hospital. Se durante o embarazo desenvolve hipertensión, atenderana nun centro de día, onde controlarán a súa presión. Agora ben, nalgúns casos máis severos recomendarase o ingreso. Ás veces, será necesario avanzar o parto, mediante cesárea, por mor da presión do sangue materno no bebé. Un aumento da presión arterial ó final do embarazo pode ser síntoma de pre-eclampsia, unha afección moi seria.

[editar] Datos importantes

[editar] Cambios fisiolóxicos durante o embarazo

A muller embarazada atópase nun estado hipervolémico crónico. O volume de auga corporal total increméntase debido ó aumento da sede e á retención de líquidos. Esta maior cantidade de auga ocasiona dilución do sangue, o que explicaría a anemia fisiolóxica propia do embarazo.

Aumenta o gasto cardíaco, o volume urinario (polo estado hipervolémico antes descrito), a frecuencia respiratoria, a depuración de creatinina, entre outros.

[editar] Desenvolvemento do feto

Desenvolvo do feto mes a mes:

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais