Aborto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Preparación dun aborto na Idade Media.
Protesta en Holanda contra procesamentos por abortos en España (1979).

Un aborto é a expulsión prematura do útero do embrión ou do feto, o que causa a súa morte. O aborto pode ser espontáneo cando é debido a causas naturais ou provocado cando se realiza á mantenta. Polo común aborto refírese á interrupción do proceso normal de embarazo.

Historia[editar | editar a fonte]

Ó longo da historia, o aborto provocado foi sempre unha materia controvertida polas súas implicacións éticas e morais. Estivo reiteradamente prohibido ou limitado, o que non impedía gran número de abortos ilegais que con moita frecuencia causaban tamén a morte da muller. Nos comezos do século XX algúns países comezaron a despenalizar o aborto nos casos que se realizaba para protexer a vida da nai. En 1920 a Unión Soviética legalizou tódolos abortos, política que se mantivo ata 1936. Islandia foi o primeiro país occidental en legalizar o aborto terapéutico en 1935, seguíronlle os países escandinavos e en 1967 fíxoo a Gran Bretaña e nos Estados Unidos en 1973 a maioría dos estados permitiron o aborto. En España, e polo tanto en Galicia, despenalizouse en 1985.

O aborto na Unión Europea[editar | editar a fonte]

Na Unión Europea o aborto recibe diferentes consideracións legais:

A interrupción voluntaria do embarazo en España[editar | editar a fonte]

Desde 2010, o aborto puede realizarse dentro das primeiras 14 semanas de xestación sen máis requisito que a vontade da muller, expresada por escrito. No caso das mozas de 16-17 anos, a decisión correspóndelle exclusivamente a elas, aínda que a lei establece que un dos seus pais ou representantes legais será informado desta decisión [1].

En estadíos de xestación máis avanzados poderá solicitarse o aborto por causas médicas no caso de grave risco para a saúde ou a vida da nai ou graves anomalías no feto (antes das 22 semanas da xestación) ou, en calquera momento, cando se detecten anomalías fetais incompatibles coa vida ou enfermidades do feto extremadamente graves e incurables no momento do diagnóstico.

A interrupción voluntaria do embarazo en Galicia[editar | editar a fonte]

Segundo datos do SERGAS, no ano 2009 producíronse 2.650 abortos en Galicia, o 13% en centros públicos e o 87% en centros privados. En 12 casos eran rapazas de menos de 15 anos de idade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Non será preciso informar os pais se a menor alega fundadamente que facelo pode provocar unha situación de grave conflito (violencia intrafamiliar, amenazas, coacciones ou malos tratos) ou que se dea unha situación de desarraigo ou desamparo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]