Ensino superior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sistema educativo español
Réxime xeral
Réxime especial

A expresión educación superior (ou ensino superior, estudos superiores) refírese ó proceso, os centros e as institucións educacionais que están despois da educación secundaria ou media. Nela pódese obter unha titulación superior (ou título superior).

Polo xeral o requisito de ingreso a calquera centro de ensino superior é ter 18 anos como mínimo, o que supón que se completaron a educación primaria e a educación secundaria antes de ingresar. É común que existan mecanismos de selección dos postulantes baseados no rendemento escolar da secundaria ou exames de selección. Segundo o país, estes exames poden ser de ámbito estatal, local ou universitario. Noutros sistemas, non existe ningún tipo de selección. Cabe salientar tamén que cada vez máis institucións de ensino superior permiten, ou mesmo animan, o ingreso de persoas adultas sen que tiveran necesariamente éxito na educación secundaria; isto aplícase especialmente ás universidades abertas.

Preparación[editar | editar a fonte]

Universidade de Cambridge

A preparación que ofrece a educación superior é de tipo profesional ou académica. Distínguese entre estudos de pregrao, grao (carreira universitaria) e postgrao (máster e doutoramento) segundo o sistema de titulación profesional e graos académicos. Os establecementos de educación superior foron tradicionalmente as universidades, pero ademais considéranse outros centros educacionais coma institutos, escolas profesionais ou escolas técnicas, centros de formación do profesorado, escolas ou institutos politécnicos, etc. (as denominacións dependen do sistema educacional do país en particular).

Outras funcións[editar | editar a fonte]

Unha función importante, aparte do ensino, na educación superior son as actividades de investigación nos distintos niveis di saber. Outra importante función é a que corresponde a actividades de extensión, nas que se procura a participación da poboación e vólcanse cara a ela os resultados.

Rol na sociedade[editar | editar a fonte]

O papel xogado pola educación superior na sociedade cambia segundo a cultura do país; por exemplo, en moitos países do sur de Europa enténdese que o estudante vai á universidade para obter un diploma que lle asegurará un bo traballo, mentres que en varios países do norte de Europa o período de estudos á universidade é tamén un momento no que o estudante aprende a ser autónomo emocional e economicamente, aprende a se mesturar con xente de diferentes orixes, e se desenvolve como persoa. Nestes países, o estudante estuda nunha cidade máis ben lonxe do seu pobo natal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]