Feminismo radical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pancarta dun grupo do feminismo radical, no texto lese "Viva a loita feminista"

O feminismo radical é unha corrente feminista que ataca de raiz o problema feminino e sostén que a orixe da desigualdade social en todas as sociedades até agora existentes foi o patriarcado, a dominación do home sobre a muller, todo iso debido ao diferente rol reprodutivo do home e a muller.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Esta corrente céntrase nas relacións de poder que organizan a sociedade, construíndo a supremacía masculina.

As feministas radicais proponse derrocar o patriarcado por medio da súa oposición aos roles de xénero e propugnan unha reorganización da sociedade. O feminismo radical tivo a súa orixe na segunda onda do feminismo na década de 1960. Desta corrente derivaron o feminismo cultural e outras correntes feministas radicais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Redstockings Order original source material by radical feminsts from Redstockings of the Women's Liberation Movement. (en inglés)