WordPress
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
WordPress é un sistema de xestión de contido orientado inicialmente á creación de blogs (sitios web periódicamente actualizados e con orde cronolóxica descendente). Está estruturado en PHP, usa como xestor de base de datos MySQL, baixo licencia GPL, e foi fundado por Matt Mullenweg.
WordPress foi creado a partir do desaparecido b2/cafelog e converteuse xunto a Movable Type no CMS máis popular da blogosfera. As causas do seu enorme crecemento son, entre outras, a súa licenza, a súa facilidade de uso e as súas características como xestor de contidos.
Outra razón para o seu éxito, é a enorme comunidade de programadores e deseñadores, que se encargan do seu desenvolvemento en xeral ou crear plugins (complementos modulares que ofrecen novas funcións) e temas (módulos de deseño que permiten cambiar a presentación do sitio web).
A última versión de WordPress é a 2.8, publicada o 11 xuño de 2009.
A última versión en galego é a 2.7.[1]
Índice |
[editar] Historia
b2/cafelog, máis coñecido como b2 ou cafelog, foi o precursor de WordPress. Estímase que b2/cafelog foi empregado en aproximadamente 2.000 blogs dende maio de 2003. Foi escrito en PHP para ser usado con MySQL por Michel Valdrighi, quen agora é un importante programador de WordPress. Aínda que WordPress é o sucesor oficial, outro proxecto, b2evolution, tamén está en desenvolvemento activo.
WordPress apareceu por primeira vez no 2003 como o esforzo conxunto de Matt Mullenweg e Mike Little para crear unha bifurcación ou fork de b2.[2] O nome WordPress foi una suxestión de Christine Selleck, unha amiga de Mullenweg.[3]
No 2004, cando Six Apart cambiou os termos da licenza do competidor Movable Type, moitos dos seus usuarios cambiaron o sistema de publicación do seu blog por WordPress, provocando un crecemento destacado e continuo na popularidade de WordPress.
No 2007 WordPress gañou un Premio Packt ao CMS Open Source.[4]
[editar] Versións
A maioría das versións de WordPress teñen como nome en clave dun coñecido músico de jazz a partir da versión 1.0
| Version | Nome en código | Data de publicación | Notas |
|---|---|---|---|
| 0.70 | 27 de maio, 2003 | Contén a mesma estrutura de arquivos que o seu predecesor, b2/cafelog. Só a versión 0.71-gold pode ser descargada na páxina oficial de arquivo de versión de WordPress. | |
| 1.2 | Mingus (despois Charles Mingus) | 22 de maio, 2004 | Incorpora os 'plugins'. Aínda se empregan os mesmos encabezamentos de identificación de 'plugin' na última versión. |
| 1.5 | Strayhorn | 17 de febreiro, 2005 | Strayhorn engadiu unha serie de funcionalidades importantes, como a incorporación de páxinas estáticas e o sistema de modelos/tema (template/theme) para modificar o deseño. Estaba tamén equipado cun novo modelo por defecto (con nome en clave Kubrick[5]) deseñado por Michael Heilemann. |
| 2.0 | Duke | 31 de decembro, 2005 | Esta versión ofreceu edición con formato (Rich text), mellores ferramentas de administración, carga de imaxes, creación de artigos (post) máis rápida, un sistema de importación mellorado, e un 'back end' completamente revisado. Wordpress 2.0 tamén presentaba varias melloras para os programadores de plugins.[6] |
| 2.1 | Ella | 22 de xaneiro, 2007 | Ademais da corrección de cuestións de seguridade, a versión 2.1 presentou unha interface redeseñada, instrumentos de edición potenciados (incluíndo a verificación ortográfica e o gardado automático), e mellorou as opcións de xestión de contidos. |
| 2.2 | Getz | 16 de maio 2007 | A version 2.2 ofrecía complementos (widget) para modelos de deseño (templates), apoio á actualización por feeds Atom, e optimizacións de velocidade.[7] |
| 2.3 | Dexter | 24 de setembro, 2007 | Version 2.3 presentaba a posibilidade de etiquetado nativo, un novo sistema de taxonomía por categorías e unha doada notificación de actualizacións. A 2.3 tamén ofrecía unha plena funcionalidade para Atom 1.0 ao longo do protocolo de publicación e incluía algúns arranxos de seguridade moi necesarios.[8] |
| 2.5 | Brecker | 29 de marzo, 2008 | Saltouse a publicación da versión 2.4 polo que a 2.5 contén o valor de dúas edicións de novo código. WordPress 2.5 ofreceu unha completa revisión do interfaz de administración. A web de Wordpress foi redeseñada co mesmo estilo .[9] |
| 2.6 | Tyner | 15 de xullo, 2008 | "Tyner" contiña novas características que fixeron de WordPress un CMS máis potente: a posibilidade de rastrexar cambios en cada entrada (post) e páxina, e tamén publicar doadamente dende calquera ubicación da web.[10] |
| 2.7 | Coltrane | 11 de decembro, 2008 | De novo o interface de administración foi completamente renovado. Tamén presentaba a actualización automatizada e a instalación automática de complementos ou plugins desde dentro da interfaz de administración.[11] |
| 2.8 | Baker | 10 de xuño, 2009 | Baker ofreceu melloras na velocidade e fixo máis sinxelo a instalación de temas cun só click. Presentou ademáis CodePress, un editor visual que destaca o código segunda a linguaxe na que estemos a traballar, e un redeseño da interface de widgets.[12] |
[editar] WordPress.com
Ademais do WordPress normal que corre nun servidor propio, existe tamén o servizo WordPress.com, onde se pode crear un blog gratuitamente, sen ter que contratar un servizo de hospedaxe e instalar o WordPress no mesmo. É un dos competidores do Blogger (de Google. A pesar de actualizarse automáticamente, ao contrario do WordPress en servidor proprio, onde o dono do site ten que actualizar manualmente ( nas versións actuais, existe unha aplicación que actualiza sen precisar borrar todo no FTP, mais mesmo así precisa de alguán para atualizar o mesmo ), posúe algunhas restricións, como non poder colocar outros "templates" a non ser os permitidos, non acepta aplicacións Adobe Flash externos sen ser de certos lugares, non permite instalación de plugins entre outras cousas. Mesmo así, é recomendado a usuarios iniciais que non desexan intentar instalar o WordPress nun servidor.
[editar] Ligazóns externas
- WordPress.org Web oficial (en inglés).
- WordPress.com Web de creación de blogs con Wordpress -parcialmente (en galego)-.
[editar] Referencias
- ↑ http://www.adorfunteca.org/wordpress-en-galego/
- ↑ WordPress › About. wordpress.org. Páxina visitada: 2007-03-04.
- ↑ Big Pink Cookie.
- ↑ http://www.packtpub.com/open-source-cms-award-previous-winners
- ↑ Kubrick at Binary Bonsai
- ↑ WordPress › Blog » WordPress 2
- ↑ WordPress › Blog » WordPress 2.2
- ↑ WordPress › Blog » WordPress 2.3
- ↑ WordPress › Blog » WordPress 2.5
- ↑ WordPress › Blog » WordPress 2.6
- ↑ WordPress › Blog » WordPress 2.7 “Coltrane”
- ↑ WordPress › Blog » 2.8 Release Jazzes Themes and Widgets