Portal:Feminismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O feminismo é un conxunto de teorías sociais, movementos políticos e filosofías morais, principalmente motivadas por ou concernentes ás experiencias das mulleres, especialmente referidas á súa situación social, política e económica. Como movemento social, o feminismo principalmente está enfocado a erradicar a desigualdade de xénero e promover os dereitos das mulleres e os seus intereses na sociedade. Isto tamén concirne ao efecto que producen os roles de xénero nos homes, e o estímulo aos homes para trocar os roles tradicionais masculinos.

O feminismo alterou principalmente as perspectivas predominantes en diversas áreas da sociedade occidental, desde a cultura ao dereito. As activistas feministas fixeron campañas polos dereitos legais das mulleres (dereitos de contrato, dereitos de propiedade, dereitos ao voto), polo dereito da muller á súa autonomía e á integridade do seu corpo (dereitos ao aborto e dereitos reprodutivos —incluíndo o acceso á contracepción—), pola protección contra a violencia de xénero e a sexual ou polo remate da discriminación no traballo en todas as súas formas.

Artigo destacado

editar

Femen (en ucraíno: Фемен), estilizado como FEMEN, é un grupo activista franco-ucraíno de feminismo radical que loita para protexer os dereitos da muller. A organización fíxose internacionalmente coñecida por realizar protestas controvertidas espidas contra o turismo sexual, as institucións relixiosas, o sexismo, a homofobia e outros temas sociais. Fundado en Ucraína, o grupo ten a súa sede en París.

A organización descríbese a si mesma como "loitadora contra o patriarcado e as súas tres manifestacións - a escravitude sexual das mulleres, as ditaduras e a relixión" e declarou que o seu obxectivo é o "sextremismo a prol de protexer os dereitos das mulleres". As activistas de Femen teñen sido detidas pola policía por mor das súas protestas.

Imaxe destacada

editar

We Can Do It!, cartel propagandístico creado en 1943 empregado en ocasións polo movemento feminista.
Vexa o artigo segunda guerra mundial.


Sabías que...?

editar

Ellen Johnson Sirleaf, 24ª presidenta de Liberia.


Categorías
Biografía destacada

editar

Andrea Dworkin, nada en Camden, Nova Jersey, o 26 de setembro de 1946 e finada en Washington, D.C. o 9 de abril de 2005, foi unha ensaísta estadounidense, teórica do feminismo radical. Foi coñecida sobre todo pola súa crítica da pornografía, que comparou coa violación e outras formas de violencia contra as mulleres.

Militante antibelicista e achegada ao anarquismo de fins dos anos 1960, Dworkin escribiu máis dunha decena de libros sobre a teoría e a práctica do feminismo radical. A finais dos anos 1970 e 1980, gañou sona nacional como portavoz do movemento feminista antipornografía e polos seus escritos sobre pornografía e sexualidade, particularmente polos libros Pornography: Men Possessing Women (1979) e Intercourse (1987), as súas dúas obras máis coñecidas.

A súa personalidade e as súas posicións categóricas sobre a sexualidade e a pornografía foron admiradas e aplaudidas por numerosas feministas, así como tamén foron o punto de mira de críticas, sobre todo por parte de feministas liberais.

Cita destacada

editar

Susan B Anthony ca. 1855.
Pedimos xustiza, pedimos igualdade, pedimos que todos os dereitos civís e políticos que pertencen aos cidadáns dos Estados Unidos estean garantidos para nós e para as nosas fillas para sempre.
Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (4)

Artigos bos (0)


Proxectos relacionados
Portais relacionados

editar

Diversidade sexual
Diversidade sexual

Diversidade sexual

Muller
Muller

Muller

Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Wiktionary
Wiktionary

no Galizionario

Wikiquote
Wikiquote

en Galicitas