Mainstream

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mainstream é un anglicismo empregado para designar o pensamento da maioría, e a súa tradución literal é corrente principal. Así e todo, máis lonxe da deficinición, mainstream é considerado un concepto cultural, artístico e musical. Así, a música, arte, cinema e demais cultura mainstream é aquela que conta con grandes medios para a súa produción e comercialización, e que chegan facilmente ao público. Un bo exemplo do mainstream é a cultura pop, producida principalmente para a súa comercialización e en moitos casos co obxectivo primeiro a obtención de beneficios lucrativos. Tamén pode ser empregado o termo mainstream para se referir ás obras artísticas pouco innovadoras ou que non aportan nada novo. O antónimo de mainstream sería o termo underground.