O segundo sexo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O segundo sexo


Título orixinal Le deuxième sexe
Tradutor Marga Rodríguez Marcuño
Autor Simone de Beauvoir
País Francia
Lingua francés
Xénero(s) Ensaio
Editorial Edicións Xerais
Data de publicación 1949

O segundo sexo (Le deuxième sexe no seu orixinal francés) é un libro escrito en 1949 por Simone de Beauvoir.

O 24 de maio de 1949 aparece en París o primeiro tomo da obra da filósofa francesa Simone de Beauvoir O segundo sexo,que acadou en poucos días as 20.000 ventas. En tan só 3 anos xa se traducira ó alemán e ó inglés e pouco despois foi publicado en Arxentina. Grazas a esta publicación en Bos Aires moitas españolas puideron coñecer esta obra na clandestinidade, xa que nese tempo España atopábase baixo a ditadura de Francisco Franco. O segundo sexo seguiu expandindo a súa orixinalidade e traduciuse tamén ó árabe, danés, hebreo, húngaro, italiano, holandés, noruegués, polaco, portugués, serbo- croata, eslovaco, sueco, támil e ó checo.

Índice

[editar] Historia e características

O segundo sexo coa súa famosa frase "Non se nace muller, chegase a selo" foi o texto filosófico que máis influencia tivo no auxe do feminismo occidental da última metade do século XX, no seu intento por desvelar o proceso de configuración de marcos culturais e sociais de orde patriarcal.

Esta obra provocou naquela época unha serie de improperios e groserías, así como climas polémicos controvertidos por parte dos editorialistas da prensa gráfica e do mundo lector. A autora foi atacada tanto pola dereita máis conservadora como pola esquerda ortodoxa. É probable que O segundo sexo ó ser escrito a contratempo da historia, máis, anticipándose a un movemento feminista non configurado como tal, xerou unha forte incomprensión e considerouse como un catálogo extenso das súas ocorrencias persoais.

Coa aparición desta obra, a Simone sorprendíanlle as actitudes sexistas dos integrantes do seu circulo máis próximo, aínda que si houbo un pequeno grupo de homes que a apoiaron. Pero pese a tanta conmoción causada pola publicación desta obra, a autora non perdeu o forte recoñecemento adquirido pola súa produción intelectual e compromiso político xa que o seu pensamento suscitaba unha fascinación indescifrable por parte dun grande número de colectivos intelectuais da época.

Escribir O segundo sexo permetiulle entender a súa adscrición vantaxosa a partir da súa pertenza de clase, situación que a levaría a desvelar como as diferenzas sexuais e os mecanismos de exclusión quedan deformados hasta perdelo seu sentido.

[editar] A condición subordinada da muller

A autora considerou que era necesario crear un clima de opinión pública para que a situación subordinada da muller cambiara. Na súa opinión, o problema da muller reducíase a un: non estaba considerada un ser humano igual ó home, senón que estaba relegada a un segundo plano, tida coma un obxecto, apreciada case exclusivamente polo servizo sexual prestado ó home. Resignada a limitarse a solo dúas das súas funcións, esposa e nai, e dependendo social e economicamente do seu marido sen outra captación para valerse por si mesma, e cando os seus fillos xa non a necesitan directamente vese condenada a pasividade, a ociosidade de non ter nada que facer e as falsas evasións. Os defectos achacados á muller reflicten a súa situación de pasividade forzada, a súa dependencia, a falta de horizonte e o seu illamento en moitas ocasións fundamentais na súa vida.

O segundo sexo non só nutre a todo o feminismo que se fixo na segunda metade do século XX, senón que é o ensaio feminista máis importante do século. Todo o que se escribiu despois neste campo da teoría feminista tivo que ter en conta esta obra, tanto para continuar con ela como para desenvolvela noutros ámbitos, xa ben opoñéndose a eles ou apoialos.

O segundo sexo, é o ensaio dunha filósofa existencialista, encadrándose no ámbito máis amplo dun pensamento ilustrado que toma da Ilustración os seus aspectos máis positivos, tendo como principal teoría a concepción igualitaria dos seres humanos, segundo a cal a diferenza de sexos non altera o seu radical de condición de igualdade. ë un ensaio filosófico que analiza o feito da condición feminista nas sociedades occidentais desde múltiples puntos de vista, tanto científico como histórico ou psicolóxico, pero sen apartarse do sociolóxico e cultural.

Trátase dun estudo totalizador onde se investiga o porqué da situación na que se atopa esa metade da humanidade que son as mulleres.

Existe tradución galega, publicada por Edicións Xerais en 2008, traducida por Marga Rodríguez Marcuño.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • O segundo sexo, de Simone de Beauvoir.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas