Sojourner Truth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sojourner Truth nunha tarxeta que vendía para conseguir fondos

Sojourner Truth (1797? - 1883) foi o nome que adoptou, a partir de 1843, unha abolicionista afroamericana, nada na escravitude. O seu nome orixinal foi Isabella Bomefree (logo cambiouse a Baumfree). O ano do seu nacemento é incerto, e polo xeral dáse como 1797.

O seu nome escollido é, en alto grao, simbólico en inglés: sojourner ó o nome de axente do verbo to sojourn, que significa "quedarse como residente permanente"; truth significa "verdade". O composto parecería significar, entón, "Residente permanente da verdade".

Escapou a Canadá en 1827. Logo de que o estado de Nova York abolira a escravitude ese ano, regresou alí en 1829, traballou como empregada doméstica durante mais dun decenio e sumouse a Elijah Pierson na predicación evanxélica nas rúas.

Posteriormente, converteuse en oradora a favor, tanto do movemento abolicionista, como dos dereitos da muller. Quizais un dos seus discursos máis famosos foi ¿Non son muller? (aínda que os rexistros oficiais deste discurso non conteñen esta frase), breve pero agudo comentario pronunciado en 1851 no Congreso da Muller, en Akron (Ohio).

En 1850 traballou con Olive Gilbert para editar unha biografía: a Narrative of Sojourner Truth.

Durante a Guerra Civil Estadounidense, organizou un acopio de víveres a favor da Unión.

En 1997, o vehículo robótico da misión do Mars Pathfinder da NASA, recibiu o nome de "Sojourner", en honor a Sojourner Truth.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]