Socialismo utópico
| Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de Artigos con problemas e de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado (se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico). (Desde setembro de 2009.) |
A finais do século XVIII e comezos do século XIX, a clase burguesa eríxese como a clase protagonista do que pasaría a chamarse a era da Revolución Industrial. Debido a isto, distintos individuos, movidos polo que eles crían necesidade dun cambio social, propoñen unha serie de ideas (nacidas da Ilustración e do pensamento filosófico de Hegel, principalmente) que mais tarde serían agrupadas baixo o nome de socialismo utópico que se caracteriza pola crítica á situación social xerada polo capitalismo e polo carácter moral das súas teorías.
O nome de socialistas utópicos corresponde a unha diferenciación posterior, para distinguilos do socialismo científico, pois supoñíase que as propostas destes autores eran irrealizables e non tiñan sustentación científica.
É necesario dicir que destas teorías fórmanse posteriormente as doutrinas anarquistas.
A figura máis notable dos pensadores ingleses que se preocupaban por mellorar as condicións dos obreiros foi Robert Owen, quen tratou de levar á practica as súas ideas sobre a organización do traballo e a distribución da riqueza, establecendo o seguro social, bibliotecas, escolas para nenos e adultos, e outras prestacións para os obreiros, nunha comunidade que chamou New Harmony. Dela derívanse os modelos das comunidades utópicas que cara a metade do século XIX ou ben fracasaran ou ben se converteran en corporacións comerciais. As ideas socialistas de Owen fracasaron porque pretendían, por medio do convencemento, obter o respaldo da burguesía. De aquí que sexa chamado socialista utópico.
Os pensadores franceses creron que era posible transforma-la sociedade por medio do convencemento, a boa vontade e os sentimentos relixiosos. De aquí que lles sexa aplicado o calificativo de utópicos como a Robert Owen, xa que as súas solucións estaban fóra da realidade. Os máis notables foron Saint-Simon e Charles Fourier.