Caixanova
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Caixanova | |
---|---|
Tipo | caixa de aforros |
Data de fundación | 17 de xullo de 2000 |
Data de disolución | 1 de decembro de 2010 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra máis coñecida pola súa marca comercial Caixanova, foi unha entidade financeira privada, activa entre 2000 e 2010.
Historia
[editar | editar a fonte]Constituíuse o 17 de xullo do ano 2000, en virtude dun acordo de fusión alcanzado polas súas respectivas Asembleas Xerais no mes de xuño do mesmo ano das caixas seguintes: Caixa de Aforros Municipal de Vigo (fundada en 1880) e Caixa de Aforros Provincial de Ourense (fundada en 1933) e Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra (fundada en 1930).
A fusión realizouse en dous tramos, o primeiro coa fusión entre a Caixa de Vigo e a de Ourense, dando lugar a Caixa de Aforros de Vigo e Ourense, que posteriormente se fusionou coa de Pontevedra para dar lugar a Caixanova.
Caixanova conforma co Banco Gallego, do que posúe o 50% do seu capital social, a primeira plataforma financeira de Galicia integrada por unha caixa e un banco, e que conta con 676 oficinas operativas -a maior rede de Galicia- e 3.660 empregados, (datos do 31 de decembro de 2006). Mercede ó ambicioso plan de expansión que está levando a cabo, xa está presente en case toda España e en países como Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Estados Unidos, México, Venezuela ou Brasil.
O investimento crediticio do grupo superaba no exercicio 2005 os 12.000 millóns de euros.
O volume de negocio que xestiona aproximábase, ó peche do exercicio 2006, ós 41.000 millóns de euros, ano en que acadou un resultado positivo (antes de impostos) de 200,8 millóns de euros.
No ano 2010 fusionouse con Caixa Galicia, dando lugar a Novacaixagalicia.
Actividade
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Caixanova". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 393. ISBN 978-84-8288-942-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web de "Caixanova" (arquivo).
- Caixavigo e Ourense. Anuncio de fusión DOG nº 113 do 12/06/2000. p. 9.028. Xunta de Galicia.