Alcaldes de Vigo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Placas de rúas adicadas en Vigo.
Esta é unha listaxe incompleta dos alcaldes de Vigo. Dúas mulleres están entre eles.
Índice |
[editar] Alcaldes anteriores á Restauración
Ata principios do século XIX, Vigo estivo baixo o señorío do arcebispo de Santiago, que era quen nomeaba ós alcaldes (tamén chamados xuíces ordinarios).
A partir de aí as eleccións dos diferentes rexedores fixéronse ben por sufraxio, ben por designación do monarca reinante en cada período.
Francisco Javier Vázquez Varela, xuíz, foi alcalde por aclamación popular en 1809, facendo fronte á invasión napoleónica.
Tamén foron alcaldes nesta época Nazario Eguía; Francisco Rodríguez Arias ou Matías Díaz Prado.
Joaquín Yáñez, avogado e xornalista, foino en 1841 e de novo en 1854
[editar] Restauración borbónica 1874-1931
- Manuel Bárcena y Franco, vigués conde de Torrecedeira (nado en 1837).
- 1887-1888, Eduardo Iglesias Añino, natural de Teis.
- 1890-1893, Joaquín Yáñez repetiu no cargo por terceira vez.
- 1895, Fernando Conde Domínguez, empresario naval.
- 1895-1897, Marcelino Astray de Caneda, médico militar.
- 1897-1901, Antonio López de Neira, comerciante de orixe lugués.
- 1901-1903, Manuel Posada García-Barros, xornalista.
- 1909-1910, Miguel Fernández Lema, xornalista, membro da RAG.
- En 1916 Fernando Conde Domínguez repetiu no cargo.
[editar] Ditadura de Primo de Rivera 1923-1930
- Desta época é o alcalde Adolfo Gregorio Espino, 1923-1927, avogado e xornalista.
[editar] Segunda República 1931-1936
- 1931, Enrique Blein Budiño.[1]
- 1931-1932, Amado Garra Castellanzuelo, xornalista e avogado.[2]
- 1932-1934 e 1936, Emilio Martínez Garrido, fusilado.
[editar] Franquismo
- De 1936 a 1938, José Giménez García ocupou o cargo de comisario de guerra.
- 1938-1949, Luis Suárez-LLanos Menacho.[3]
- 1949-1960, Tomás Pérez Lorente, enxeñeiro militar vigués.[4]
- 1960-1963, Salvador de Ponte y Conde de la Peña, militar.
- 1963-1964, José Ramón Fontán González, avogado.[5]
- 1964-1970, Rafael Portanet, empresario conserveiro, natural de Cangas.[6]
- 1970-1974, Antonio Ramilo, empresario do granito, natural de Buenos Aires.
- 1974-1978, Joaquín García Picher, economista vigués.
[editar] Transición
- 1978-1979, Enma González Bermello, ourensana.
[editar] Democracia constitucional
- Artigo principal: Eleccións municipais en Vigo.
Faise constar en que partido político militaban cando foron investidos.
- 1979-1991, Manoel Soto, viaxante de comercio, ourensán. PSOE.
- 1991-1995, Carlos Príncipe, pediatra vigués. PSOE.
- 1995-1999, Manuel Pérez, natural de Sober. PP.
- 1999-2003, Lois Pérez Castrillo, vigués. BNG.
- 2003, Ventura Pérez Mariño, xuíz vigués. PSOE.
- 2003-2007, Corina Porro, enfermeira natural de Ferrol. PP.
- Dende 2007, Abel Caballero, economista natural de Ponteareas. PSOE.
[editar] Notas
- ↑ "Destitución del alcalde de Vigo", artigo en ABC o 13 de setembro de 1931 (en castelán).
- ↑ "Azaña, en la plaza de A Princesa ", artigo en La Voz de Galicia o 30 de setembro de 2010 (en castelán).
- ↑ "Muerte repentina...", artigo en La Vanguardia Española o 26 de maio de 1959 (en castelán).
- ↑ "Pérez Lorente dio nombre al embalse", artigo en La Voz de Galicia o 16 de setembro de 2007 (en castelán).
- ↑ "Sesión plenaria de las Cortes", artigo en La Vanguardia Española o 29 de novembro de 1963 (en castelán).
- ↑ "Portanet, regidor eficaz y alcalde autoritario", artigo en La Voz de Galicia o 22 de xullo de 2006 (en castelán).
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Historia ilustrada de Vigo, 1996, ISBN 84-87657-99-0