Refoxos, Cortegada
| Refoxos | |
|---|---|
| Concello | Cortegada |
| Área | - km² |
| Poboación | 132 hab. (2007) |
| Entidades de poboación | 14 |
San Breixo de Refoxos é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 132 habitantes, dos cales 78 eran homes e 54 eran mulleres.
Índice |
Historia [editar]
Tense constancia documental do século XI cando unha muller (Gulderoda) doa ó mosteiro de Celanova unha igrexa e varios terreos no lugar, o cal indica a existencia de pequenos propietarios de nomes suevos, nos cales a muller ten acceso á propiedade e dereitos para doar, ao tempo que nos fala dunha organización do rural de homes libres que erguen igrexas privadas e non teñen señor feudal. O lugar uniuse co tempo a lugares próximos pertencentes ó mosteiro de Celanova polo que pasou a ser "capital" administrativa de todo o espazo xurídico circundante, o chamado Coto da Vestiaria (xa que as súas rendas se usaban para a vestimenta dos monxes, curas e o seu séquito) que abranguía as actuais parroquias de Refoxos, Soutelo, Cortegada, Rabiño e Valongo, este couto xurisdicional durou dende a Idade Media até o final do Antigo Réxime.[1]
Toda a administración centralizábase no edificio do priorato sito na actual igrexa parroquial, desde onde un monxe administrador levaba a cabo as súas labouras. A raíz da renovación dos foros de 1673 ( para pagar as custosísimas fábricas do mosteiro de Celanova que estaba a ser remodelado baixo a influencia da arquitectura neoclasicista baixo o mandato do mosteiro bieito de Valladolid nunha grave época de crise) os colonos de Refoxos promoveron un ataque nocturno ó priorato de Refoxos, coa intención de matar ó monxe administrador, esnaquizaron o edificio e abriuse un preito que durou 17 anos na Real Audiencia de Galicia. O priorato de Refoxos pagaba 20 foros, a maioría de centeo.[2]Curiosamente o edificio conta con dúas troneiras nas súa fachada.
Ó estar preto da fronteira con Portugal, foi utilizado por forzas carlistas como lugar de paso e aprovisionamento, xa que contaban coa axuda do clero e a apatía da poboación rural ante o conflito sucesorio das guerras Carlistas, de feito polo lugar estivo a partida de Mateo Guillade que atravesou máis dunha vez por este lugar para refuxiarse en Portugal despois das súas derrotas.
Patrimonio [editar]
O priorato de Refoxos, edificio civil do século XVIII, de planta rectangular con troneiras nas esquinas do Leste e a igrexa parroquial no extremo Oeste, consta de dous pisos (unidos por unha escaleira de pedra) vertebrados por un pasillo central ó que abren os habitáculos, o piso de abaixo adicouse a tulla, bodega e cabalerías (onde se atopou un estribo do XIX) e no andar superior varias habitacións e lugares de oficina. As troneiras son circulares sen adornos e cun pequeno orificio de 1 cm de diámetro. Nunha habitación do extremo norte do andar superior existe un habitáculo espacioso que comunica coa igrexa.
Na aldea de Vilaverde atopamos un cruceiro de 1610 e nun casal abandonado un peto de ánimas (sen elas) barroco.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Refoxos [editar]
| Lugares da parroquia de Refoxos no concello de Cortegada (Ourense) | |
|---|---|
|
Aldea de Souto | A Canle | Casares da Virxe | Casares de Refoxos | A Encoutada | Muradelle | O Outeiro | A Pereira | A Pousa | O Pousadoiro | Refoxos | O Regueiro | Vilaverde | Vilela |
Parroquias de Cortegada [editar]
| Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cortegada | |
|---|---|
|
Cortegada (Santa María) | Louredo (San Xoán) | Meréns (San Cibrán) | Rabiño (San Bieito) | Refoxos (San Breixo) | Valongo (San Martiño) | Zaparín (San Martiño) |
Notas [editar]
- ↑ Catastro de Ensenada, 1748.
- ↑ Historia de Ribadavia y sus alrededores, Samuel Eiján, 1920.