Río Deva, Terra de Celanova
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Deva.
| Río Deva, Terra de Celanova | |
|
{{{lenda}}} |
|
| País | |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Arrotea Bangueses |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 20 km |
| Caudal medio | 2,5 m³/s |
| Conca | 132 km² |
| Desembocadura | Río Miño |
O río Deva é un río da provincia de Ourense, afluente do Miño pola súa marxe esquerda.
Percorrido [editar]
Nace na Arrotea, a 1.000 m de altura, na parroquia de Bangueses (concello de Verea). O seu percorrido de 20 km está caracterízano como un río encaixado, antes de confluír no Miño, no encoro de Frieira. No treito final o Deva serve como linde entre os concellos da Pontedeva e Cortegada durante uns dous quilómetros.
A conca cobre un total de 132 km², sendo o caudal medio de 2,5 m³/s.
Toponimia [editar]
O seu nome é probabelmente céltico, posibelmente da mesma orixe que a voz deus (indoeuropeo *deiwos), con significado de "sagrado" ou "divino". O nome repítese na Galiza mesmo, no río Deva da Paradanta. Hai outro Deva en Cantabria. Na Galia o antigo Devona ou o británico Devon.