Illa Howland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 0°48′25.84″N 176°36′59.48″O / 0.8071778, -176.6165222

Howland
Vista da illa
Howland
Datos
Capital
País Estados Unidos de América
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Illas Fénix
Linguas
Poboación (2009) Deshabitada
Superficie 1´84 km²
Densidade
Coordenadas 0°48′07″N 176°38′3″O / 0.80194, -176.63417
Maior Altura 6 m.
Localización
Localización de Howland

A Illa Howland é un atol deshabitado situado xusto ao norte do ecuador, no océano Pacífico, ao redor de 3.100 km ao suroeste de Honolulu.

Está a metade de camiño entre Hawai e Australia e é un territorio non incorporado e non organizado dos Estados Unidos.

A illa é agora unha reserva nacional de vida salvaxe, a "Howland Island National Wildlife Refuge", xestionada polo "U.S. Fish and Wildlife Service" como unha área insular baixo o Departamento do Interior dos Estados Unidos. O "Howland Island National Wildlife Refuge" consiste nos 1,84 km² da illa e os 129,80 km² de terra mergullada que a rodean.

A illa non ten actividade económica. O seu defensa é responsabilidade dos EEUU e é visitada anualmente pola Garda Costeira dos EEUU.

Historia[editar | editar a fonte]

Algúns escasos restos de camiños e outros artefactos indican unha presenza polinésica anterior, pero a illa estaba deshabitada cando os Estados Unidos reclamárona no Acta de Illas Guaneras de 1856. Os seus depósitos de guano foron explotados por compañías dos Estados Unidos e Gran Bretaña na segunda metade do século XIX.

En 1935 comezou un curto intento de colonización cunha poboación rotativa de catro mozos de Hawai no asentamento Itascatown. Empezáronse proxectos similares nas próximas Illa Baker e Illa Jarvis, pero estes foron interrompidos pola segunda guerra mundial e as illas abandonadas.

A Illa de Howland debía ser unha parada de reposición para a piloto americana Amelia Earhart e o seu tripulante Fred Noonan no seu voo ao redor do mundo de 1937. Engalaron na illa de Lae, Nova Guinea, pero nunca foron vistos de novo. Por este motivo a illa tamén é coñecida como "a illa que Amelia Earheart nunca alcanzou".

O persoal civil dos Estados Unidos evacuou a illa no ano 1942 logo dos ataques aéreos e navais dos xaponeses na segunda guerra mundial. Foi ocupada por persoal militar dos Estados Unidos, pero estes abandonaron a illa logo da guerra. A entrada ao público realízase mediante un permiso especial de "U.S. Fish and Wildlife Service" e xeralmente está limitado a científicos e educadores.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situado no norte do océano Pacífico (0 48 N, 176 38 O), a illa é moi pequena (1,6 km²). O litoral ten 6,4 km de longo. A illa ten forma alargada nun eixo norte-sur. O clima é ecuatorial, con poucas precipitacións, vento constante e ardente sol. O terreo é baixo e areoso: unha illa coralina rodeada por un estreito de arrecife cunha superficie deprimida no centro. O punto máis alto está a 3 metros sobre o nivel do mar. A illa carece de auga potable. O único recurso natural é o guano.

Transportes[editar | editar a fonte]

A illa carece de portos xa que os arrecifes poden ser perigosos. Hai un desembarcadeiro na costa occidental. Hai tamén un pista de aterraxe, pero xa non se utiliza. A pista de aterraxe construíuse no ano 1937 pero sufriu continuos danos durante a segunda guerra mundial e quedou en desuso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]