San Francisco Giants
|
||
|---|---|---|
| Fundación | 1883 | |
| Liga | National | |
| División | Oeste | |
| Nomes | New York Gothams (1883-1885) New York Giants (1885-1957) San Francisco Giants (dende 1958) |
|
| Alcumes | The Jints, Los Gigantes, The G-Men, The Orange and Black | |
| Propietario | Sue Burns, Peter Magowan, William Neukorn | |
| Adestrador | Bruce Bochy | |
| Series Mundiais | 5 1905 • 1921 • 1922 • 1933 • 1954 |
|
| Cores | Negro, laranxa e crema | |
| Estadio | AT&T Park (41 907 espectadores) | |
Os San Francisco Giants (do inglés: Xigantes de San Francisco) son un equipo de béisbol con sede en San Francisco, California, que actualmente xoga na División Oeste de la Liga Nacional de Béisbol (MLB). Sendo un dos equipos máis antigos do béisbol, os Giants teñen gañado máis partidos que calquera outro equipo na historia do béisbol. Os Giants xogaron en Nova York até a tempada de 1957, trala cal se desprazaron cara o oeste, a California, para converterse nos San Francisco Giants. Os Giants gañaron as World Series en cinco ocasións, a máis recente en 1954.
Índice |
Historia [editar]
A historia dos San Francisco Giants iníciase en 1883, baixo o nome de New York Gothams, e involucrou a algúns dos máis grandes xogadores de béisbol, entre eles Willie Mays, Juan Marichal, Gaylord Perry e Barry Bonds.
1885-1957 [editar]
Na tempada de 1885, a franquía cambia de nome aos New York Giants. Esta época inclúe a vitoria nas cinco World Series que xogou a franquía até o día de hoxe (1905, 1921, 1922, 1933 e 1954), ademais de 17 dos seus 20 campionatos da Liga Nacional. Durante a maior parte dese tempo, os Giants xogaron os seus partidos como locais no estadio Polo Grounds, na rexión de Upper Manhattan da cidade de Nova York.
1958-presente [editar]
Do mesmo xeito que durante os seus anos de Nova York, a sorte dos San Francisco Giants foi desigual. Aínda que recentemente o club tivo un éxito relativamente constante, tamén sufriron prolongadas épocas de mediocridade, xunto con dúas ocasións en que os propietarios da franquía ameazaron con trasladar ao equipo lonxe de San Francisco. Aínda que o máis decepcionante para a gran cantidade de fans que mantiveron desde a súa chegada na cidade, foi que os Giants non puideron gañar ningún título de World Series dende a marcha de Nova York, a pesar de acadar a final en 1962, 1989 e 2002.
Xogadores [editar]
Xogadores no Salón de la Fama [editar]
Os Giants teñen máis xogadores no Salón da Fama que calquera outra franquía.
Números retirados [editar]
|
Bill Terry: 1B, 1923–36; Adestrador, 1932–41 |
Mel Ott: OF, 1926–47; Adestrador, 1942–48 |
Carl Hubbell: P, 1928–43 |
|
Willie Mays: OF, 1951–72 |
Juan Marichal: P, 1960–73 |
Orlando Cepeda: 1B, 1958–66 |
|
Gaylord Perry: P, 1962–71 |
Willie McCovey: 1B–OF, 1959–73 & 1977–80 |
Jackie Robinson |