Condado de Orange
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Condado de Orange (en inglés Orange County) é un dos 58 condados de California. Foi fundado en 1889 e conta cunha poboación de 3,046.876 habitantes (2008), o que fai del o 2º condado máis poboado de California e o 5º dos Estados Unidos.
Está situado ó sur de Os Ánxeles e ó norte de San Diego. A súa capital é a cidade de Santa Ana, que ademais é a máis poboada, pero tamén conta con cidades tan salientables como Anaheim, Orange, Huntington Beach e Fullerton, todas elas con máis de 150.000 habitantes.