Sacramento, California

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sacramento
Bandeira de Sacramento, California
Bandeira
City of Sacramento
Sacramento
Alcume River City
Lema Urbs indomita
Información
País Flag of the United States.svg Estados Unidos
Estado Flag of California.svg California
Superficie 257 km²
Poboación 463.794 (2007)
Densidade 4.813 hab./km²
Área metropolitana 2.091.120
Altitude 8 m
Alcalde Kevin Johnson (D)
Sacramento
Páxina oficial
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Sacramento.

Sacramento é a capital do Estado de California, nos Estados Unidos. Situada no interior, ao norte da Baía de San Francisco, é de menor tamaño e importancia económica que Os Ánxeles, San Francisco, San Diego e San Jose as outras catro principais cidades californianas. Segundo o censo de 2000 tiña unha poboación de 407.018, en 2005 contaba con 456.441 e en 2007 de 467.343. É a sétima cidade máis poboada de California.

Foi fundada en decembro de 1848 por John Sutter un inmigrante suízo. Sacramento é referido por varios sobrenomes como River City (cidade do río), Sac, Sacto, Sac-Town, City of Trees (cidade de árbores), The Capitol City (a capital). O seu lema é "Urbs indomita" (do latín: cidade indomable)

Índice

[editar] Historia

Os indios Nisenan e Miwok viviron na área, tal vez, por miles de anos. Ao contrarios que os colonos que virían a facer de Sacramento súa casa, eses indios deixaron poucas evidencias de súa existencia. Tradicionalmente, a dieta dos indios era composta por landras retiradas dos carballos abondosos na rexión, e polos froitos, bulbos, semente e raíces collidas na rexión.

A mediados de 1799, o explorador español Gabriel Moraga descubriu a rexión. Un escritor na expedición de Moraga describiuna: "Copas de carballos e choupos, moitos enfeitados con videiras, en balance de ambos os lados paxaros azuis. Paxaros batían nas árbores e grandes peixes lanzábanse a través do fondo transparente. O aire era como champaña, e eles (os españois) beberon del, beberon profundamente da beleza á súa volta. Isto é como o Santísimo Sacramento. O val do río e a terra foron bautizados como "Santísimo Sacramento do Corpo e Sangue de Cristo". Referíndose ao sacramento cristián da eucaristía.

[editar] Demografía

Evolución da poboación de: Sacramento, California desde 2000 ata 2007
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2007
409.243 421.297 433.691 444.604 454.003 456.441 467.343

[editar] Cidades irmandadas

Sacramento ten nove cidades irmás.[1]

[editar] Notas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas