Golden State Warriors
| Golden State Warriors | |
|---|---|
| Conferencia | Conferencia Oeste |
| División | División Pacífico |
| Fundado en | 1946 |
| Historia | Philadelphia Warriors 1946–1962 San Francisco Warriors 1962–1971 Golden State Warriors 1971-presente |
| Pavillón | Oracle Arena |
| Cidade | Oakland, California |
| Cores | Azul, amarelo e branco |
| Propietario(s) | Joe Lacob, Peter Guber |
| Mánager xeral | Bob Myers |
| Adestrador | Mark Jackson |
| Afiliado da D-League | Santa Cruz Warriors |
| Campionatos | BAA: 1 (1947) NBA: 2 (1956, 1975) |
| Títulos de conferencia | 6 (1947, 1948, 1956, 1964, 1967, 1975) |
| Títulos de división | 2 (1975, 1976) |
| Dorsais retirados | 7 (13, 14, 16, 17, 24, 42) |
| Web Oficial | warriors.com |
Golden State Warriors é un equipo profesional de baloncesto da National Basketball Association (NBA) con sede en Oakland, California. Forman parte da División Pacífico da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA) e xogan os seus partidos como local no Oracle Arena, un pavillón con capacidade para 19.596 espectadores.
A franquía foi estabelecida en 1946, xa co nome de Warriors, aínda que con sede na cidade de Filadelfia, no estado Pensilvania. Durante esa época o equipo gañou o campionato da tempada inaugural da Basketball Association of America (BAA), o campionato que acabaría derivando na actual NBA. En 1962, a franquía trasladouse a San Francisco, en California, pasando o equipo a chamarse San Francisco Warriors até 1971, cando o seu nome foi cambiado polo actual de Golden State Warriors, en referencia ao lema do Estado califoniano: o "Estado Dourado" (en inglés: Golden State).
Os Warriors xogan no Oracle Arena dende 1966, con algunha excepción durante os primeiros anos e ininterrompidamente dende 1971. Ademais do seu título na tempada inaugural da BAA, os Warriors acadaron o título de campións en outras dúas ocasións, na tempada 1955-1956 como Philadelphia Warriors, onde venceron na final aos Fort Wayne Pistons, e en 1974-1975, xa como Golden State Warriors, onde venceron aos Washington Bullets. Por mor disto son o sétimo equipo en canto a palmarés da NBA. Os Warriors retiraron o dorsal a algúns dos seus xogadores máis destacados ao longo da historia: Wilt Chamberlain, Tom Meschery, Al Attles, Rick Barry e Nate Thurmond.
Índice |
Pavillóns [editar]
- Philadelphia Arena (1946-1952)
- Philadelphia Convention Hall (1952-1962)
- Cow Palace (1962-1964 e 1966-1971)
- San Francisco Civic Auditorium (1964-1967)
- War Memorial Gymnasium (1964-1966)
- San Jose Arena (agora chamado HP Pavilion) (1996-1997)
- Oracle Arena (antes chamado: Oakland Coliseum Arena e Oakland Arena) (1966-1967, 1971-1996 e 1997-presente)
Xogadores [editar]
Plantel actual [editar]
| Golden State Warriors 2012-2013 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Cadro • Transaccións |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Membros do Hall of Fame [editar]
- 11 Paul Arizin
- 24 Rick Barry
- 13 Wilt Chamberlain
- 10 Joe Fulks
- 14 Tom Gola
- 6 Neil Johnston
- 16 Jerry Lucas
- 00 Robert Parish
- 17 Andy Phillip
- 42 Nate Thurmond
Dorsais retirados [editar]
| Golden State Warriors retired numbers | |||
| N° | Xogador | Posición | Período |
|---|---|---|---|
| 13 | Wilt Chamberlain | P | 1959–65 1 |
| 14 | Tom Meschery | A / AP | 1961–71 2 |
| 16 | Al Attles | B / E | 1960–71 3 |
| 17 | Chris Mullin [1] | E / A | 1985–97, 2000–01 4 |
| 24 | Rick Barry | A / AP | 1965–67, 1972–78 |
| 42 | Nate Thurmond | P | 1963–74 |
- Notas:
- 1 Incluído o período de Chamberlain en Philadelphia (1959–62).
- 2 Incluído o período de Meschery en Philadelphia (1961–62).
- 3 Incluído o período de Attle en Philadelphia (1960–62). Foi ademais adestrador dende 1969 a 1983.
- 4 Tamén foi mánager xeral de 2004 a 2009.
- Meschery, Attles, Barry, Thurmond e Mullin son ademais membros de Bay Area Sports Hall of Fame.
Adestradores [editar]
| Entrenador | Años |
|---|---|
| Edward Gottlieb | 1946-1955 |
| George Senesky | 1955-1958 |
| Al Cervi | 1958-1959 |
| Neil Johnston | 1959-1961 |
| Frank McGuire | 1961-1962 |
| Bob Feerick | 1962-1963 |
| Alex Hannum | 1963-1966 |
| Bill Sharman | 1966-1968 |
| George Lee | 1968-1970 |
| Al Attles | 1970-1980 |
| Johnny Bach | 1980 |
| Al Attles | 1980-1983 |
| Johnny Bach | 1983-1986 |
| George Karl | 1986-1988 |
| Ed Gregory | 1988 |
| Don Nelson | 1988-1995 |
| Bob Lanier | 1995 |
| Rick Adelman | 1995-1997 |
| P. J. Carlesimo | 1997-1999 |
| Garry St. Jean | 1999-2000 |
| Dave Cowens | 2000-2001 |
| Brian Winters | 2001-2002 |
| Eric Musselman | 2002-2004 |
| Mike Montgomery | 2004-2006 |
| Don Nelson | 2006-2010 |
| Keith Smart | 2010-2011 |
| Mark Jackson | 2011- |
Marcas e galardóns [editar]
Líderes da franquía [editar]
- Adonal Foyle – Tapóns (1,140)
- Chris Mullin – Partidos xogados (807), roubos (1,360), perdas (2,110)
- Guy Rodgers – Asistencias (4,855)
- Jason Richardson – Triplas intentadas (2,001)
- Larry Smith – Rebotes defensivos (3,731), rebotes ofensivos (2,709)
- Nate Thurmond – Minutos xogados (30,729), rebotes totais (12,771)
- Paul Arizin – Tiros libres intentados (6,189), Tiros libres anotados (5,010), Faltas persoais (2,764)
- Rick Barry – Tiros de campo intentados (14,392)
- Wilt Chamberlain – Tiros de campos anotados (7,216), Puntos (17,783)
Galardóns individuais [editar]
|
|
Primeiro Equipo Defensivo da NBA
Segundo Equipo Defensivo da NBA
Primeiro Equipo de Rookies da NBA
Segundo Equipo de Rookies da NBA
|
Notas [editar]
- ↑ "Mullin's No. 17 jersey retired by Warriors in halftime ceremony", 19 de marzo de 2012
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||