Economía do Reino Unido
| Economía do Reino Unido | ||
|---|---|---|
| Moeda | libra esterlina | |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Europea, OCDE, Commonwealth de Nacións | |
| Datos estatísticos[1] | ||
| PIB | US$ 2 231 mil millóns (2008) | |
| PIB (posición) | 7ª no mundo | |
| % de crecemento PIB | 0,7% (2008) | |
| PIB per cápita | US$ 36 600 (2008) | |
| PIB por sector | agricultura 0,9%, industria 22,8%, comercio e servizos 76,2% (2008) | |
| Inflación anual | 3,8% (2008) | |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 14% (2006) | |
| Total da forza de traballo | 31,2 millóns | |
| % traballadores por sector | agricultura 1,4%, industria 18,2%, comercio e servizos 80,4% (2006) | |
| Desemprego | 5,5% (2008) | |
| Principais industrias | máquinas-ferramenta, equipamentos eléctricos, equipamentos de automoción, equipamentos para ferrocarriles, construción naval e aeronáutica, vehículos e pezas, equipamentos electrónicos e de comunicación, metais, produtos químicos, carbón, petróleo, papel e derivados, procesamento de alimentos, téxtiles, roupas, outros bens de consumo | |
| Parcerías comerciais[1] | ||
| Exportacións (US$) | 468,7 mil millóns f.o.b. (2008) | |
| Principais produtos exportados | manufacturados, combustibles, produtos químicos, alimentos, bebidas, tabaco | |
| Principais mercados | Estados Unidos 14,2%, Alemaña 11,1%, Francia 8,1%, República de Irlanda 8%, Países Baixos 6,8%, Bélxica 5,3%, España 4,5%, Italia 4,1% [1] (2007) | |
| Importacións (US$) | 645,7 mil millóns (2008) | |
| Principais produtos importados | manufacturados, máquinas, combustibles, alimentos | |
| Principais parceiros | Alemaña 14,2%, Estados Unidos 8,6%, República Popular China 7,3%, Países Baixos 7,3%, Francia 6,9%, Bélxica 4,7%, Noruega 4,7%, Italia 4,2% (2007) | |
| Finanzas públicas[1] | ||
| Débeda externa | US$ 10 450 mil millóns (2007) | |
| Receitas (US$) | 1 107 mil millóns | |
| Despesas (US$) | 1 242 mil millóns (2008) | |
| Axuda económica recibida (US$) | 8 mil millóns | |
O Reino Unido é unha das principais nacións industriais e comerciais do mundo. En termos do seu produto interior bruto (PIB), é o quinto no mundo logo dos Estados Unidos, Xapón, Alemaña e China. Durante a década pasada, o goberno privatizou considerablemente as súas empresas e contivo o crecemento dos gastos en benestar social[1].
A súa agricultura é bastante modernizada e atende 60% das necesidades de alimentos do país con menos de 2% da forza de traballo total. Os seus principais produtos son cereais, sementes oleaxinosas, patacas, legumes, gando, ovellas, creación de aves e peixes[1]. O país ten grandes reservas de carbón, petróleo e gas natural, sen embargo as súas reservas de petróleo e gas están diminuíndo, e o país tornouse o 2005 un importador de combustibles. A produción destes combustibles representa hoxe uns 4% do PIB[1]. Actualmente os servizos, en particular os servizos bancarios, de seguro e os de investimento son os principais compoñentes do PIB.