Economía de Rusia
| Economía de Rusia | ||
|---|---|---|
| Moeda | rublo ruso | |
| Organizacións comerciais de que fai parte | CEI, APEC, G-8, G-20 e outros. | |
| Datos estatísticos[1] | ||
| PIB | US$ 2 117 mil millóns (2009) | |
| PIB (posición) | 8ª no mundo[2] | |
| % de crecemento PIB | -7,9% (2009) | |
| PIB per cápita | US$ 15.200 (2009) | |
| PIB por sector | agricultura 5,2%, industria 37%, comercio e servizos 57,9% (2009) | |
| Inflación anual | 11,9% | |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 15,8% (2007) | |
| Total da forza de traballo | 75,81 millóns (2009) | |
| % traballadores por sector | agricultura 10%, industria 31,9%, comercio e servizos 58,1% (2007) | |
| Desemprego | 8,9% (2009) | |
| Principais industrias | Gama completa de minería e extración: as industrias producen carbón, petróleo, gas natural, sustancias químicas, e metais; todas as formas de máquinas: de mlinos a avións e vehículos espaciais; industrias de defensa incluíndo radares, produción de mísiles e compoñentes electrónicos avanzados, construción de barcos; vehículos de motor e equipamentos de transporte por ferrocarrís; equipamento de comunicacións; maquinaria agrícola, tractores, e equipamento de construción; equipamentos para xeración e transmisión de electricidade; instrumentos médicos e científicos; bens de consumo durables, textis, alimentos, artesanías | |
| Parcerías comerciais[1] | ||
| Exportacións (US$) | 295,6 mil millóns f.o.b. (2009) | |
| Principais productos exportados | petróleo e seus derivados, gas natural, madeira e derivados, metais, produtos químicos, e diversos manufaturados | |
| Principais mercados | Países Baixos 12,2%, Italia 9%, Alemaña 6,9%, Turquía 5,9%, Ucraína 5%, República Popular de China 4,5%, Polonia 4,3% (2008) | |
| Importacións (US$) | 196,8 mil millóns (2009) | |
| Principais productos importados | vehículos, máquinas e equipamentos, bens de consumo, medicamentos, carne, azucre, produtos de metal semimanufacturados | |
| Principais parceiros | República Popular de China 12,9%, Alemaña 12,6%, Xapón 6,9%, Ucraína 6%, Estados Unidos 5,1%, Italia 4,1% (2008) | |
| Finanzas públicas[1] | ||
| Débeda externa | US$ 369,2 mil millóns (2009) | |
| Receitas (US$) | 205,3 mil millóns | |
| Despesas (US$) | 306,6 mil millóns | |
| Axuda económica recebida (US$) | US$ 979 millóns dos Estados Unidos; 200 millóns da Unión Europea) (2001) | |
Rusia ten pasado por importantes transformacións desde o fin da Unión Soviética, saíndo dunha economía illada e planeada centralmente, para unha economía de mercado globalmente integrada. As reformas económicas dos anos 1990 privatizaron grande parte da industria, coa notable excepción dos sectores de enerxía e militar[1].
Con todo, o rápido proceso de privatización, incluíndo un sistema de imprestimo para a compra de accións, permitiu a formación de "oligarquías" económicas con fortes relacións políticas, que deixaron a propiedade das empresas privatizadas altamente concentrada en poucas mans. A protección aos dereitos de propiedade é pequena e o sector privado está suxeito a intervencións do Estado[1].
O 2006 a economía da Rusia creceu polo oitavo ano consecutivo despois da crise de 1998. O petróleo e seus derivados, así como o gas natural son hoxe os seus principais produtos de exportación. A súa industria pode ser dividida en dous bloques: un con grandes produtoras de materias primas, que teñen competitividade global - o 2009 Rusia transformouse no principal exportador de petróleo e gas natural do mundo, así como o terceiro exportador mundial de aceiro e aluminio primario - e outro con outras industrias pesadas menos eficientes, altamente dependentes dos mercados consumidores locais[1].
O país asinou un acordo bilateral cos Estados Unidos como un preludio a unha futura adesión á OMC.