Dacota do Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dacota do Sur
State of South Dakota
Bandeira de Dacota do Sur Selo de Dacota do Sur
Bandeira Selo
Lema: Under God the people rule
Mapa dos EUA coa Dacota do Sur en destaque
Outros Estados dos EUA
Datos xerais
Capital Pierre
Maior cidade Sioux Falls
Gobernador Mike Rounds
Lingua oficial: Inglés
Área 199.905 km² (17)
 - Terra 196.735 km²
 - Auga 3.173 km² (1,6%)
Poboación (2000)
 - Poboación 754.844 (46)
 - Densidade 3,84 /km² (46)
Entrada na Unión
 - Data 2 de novembro de 1889
 - Orde 40º
Xeografía
Fuso horario Central Standard Time Zone
Latitude 42°29'30"N a 45°56'N
Lonxitude 98°28'33"O a 104°3'O
Largo N-S 340 km
Ancho E-O 610 km
Altitude
 - Altitude media 670 m
 - Máis elevado 2.207 m
 - Menos elevado 294 m
Códigos e abreviacións
 - USPS SD
 - ISO 3166-2 US-SD
Sitio web
www.state.sd.us

Dacota do Sur é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. O nome do Estado provén das tribos ameríndias Lakota e Dakota (Sioux).

Localizado na rexión Medio Oeste do país, a maior parte de Dacota do Sur atópase na zona xeográfica das Grandes Planicies americanas, por iso, a maior parte de da súa xeografía caracterízase por ser un terreo pouco accidentado, relativamente chairo. Dacota do Sur está dividida polo río Missouri, que separa o estado en dúas metades social e economicamente distintas, coñecidas polos residentes como "río leste" e "río oeste". A agricultura foi historicamente a súa principal fonte de riqueza. O Estado é un dos líderes nacionais na produción de trigo. Dacota do Sur tamén posúe unha das maiores cabanas de gando bovino do país. Dominada por un economía baseada na agricultura, Dacota do Sur procurou diversificar a súa economía para atraer e manter aos seus residentes. O estado, con todo, segue sendo maioritariamente rural, cunha das densidades de poboación máis baixas dos Estados Unidos.[1]

Na porción suroeste do estado destacan as montañas Black Hill. É unha rexión de grande importancia relixiosa para os amerindios locais, así como unha importante atracción turística, porque Black Hills contén o famoso Monte Rushmore, onde están esculpidos os bustos de catro Presidentes americanos. Esta enorme escultura é unha das atraccións turísticas máis coñecidas do mundo, e que dá ao Estado o sobrenome de The Mount Rushmore State.

A rexión que forma actualmente Dacota do Sur foi unha das últimas zonas dos Estados Unidos continentais en ser explorada e asentada polos americanos. En 1858, o goberno americano crearía o Territorio de Dacota - un territorio que incluía o que forma actualmente os Estados de Dacota do Norte e Dacota do Sur, ata entón parte do Territorio de Minnesota. O Territorio de Dacota estivo escasamente poboado ata o século XIX, cando as primeiras liñas ferroviarias foron construídas ao longo do Territorio de Dacota, incentivando así a práctica da agricultura na rexión. Inicialmente, só algúns poucos latifundistas dominaban a economía do territorio. Con todo, o éxito destes latifundistas e os ferrocarrís atraeron a miles de persoas á rexión. O 2 de novembro de 1889, o Territorio de Dacota foi dividido nas actuais Dacota do Norte e Dacota do Sur, e ambas foron elevadas á categoría de Estados, incorporándose á Unión.

Historia[editar | editar a fonte]

Ata 1889[editar | editar a fonte]

Cando os primeiros exploradores europeos chegaron á rexión que actualmente constitúe o Estado de Dacota do Sur, dúas tribos nativoamericanas vivían na rexión: os akirara, pobo de carácter sedentario, e que vivían principalmente da agricultura, e os cheién, de carácter nómade e que vivían principalmente da caza. As relacións entre os arikara e os cheién eran amigables. Durante o século XVIII, unha terceira tribo nativoamericana, os lakota, parte do grupo nativo dos sioux, instaláronse na rexión, xa logo da chegada dos primeiros exploradores europeos na rexión. Os sioux non foron ben recibidos polos arikara, e os enfrontamentos entre as dúas tribos foron comúns ao longo dos séculos XVIII e XIX, na actual Dacota do Sur.

Os primeiros exploradores europeos da zona foron os irmáns François e Louis-Joseph La Vérendrye, en 1743. Os irmáns enterraron unha inscrición en chumbo, cos seus nomes, na rexión onde actualmente se localiza Fort Pierre. Esta inscrición foi descuberta por casualidade por uns nenos nunha escola na cidade, en 1913. Desde entón, esta placa forma parte do acervo histórico do Museo Histórico Estatal de Dacota do Sur.

Con todo, varias décadas antes da chegada dos irmáns Vérendrye, a rexión da actual Dacota do Sur xa fose anteriormente reivindicada polos franceses en 1682, por René Robert Cavelier de La Salle, que reivindicou toda a conca hidrográfica do Río Mississippi-Missouri, conca que inclúe toda a actual Dacota do Sur, e que formaba parte da división administrativa da colonia francesa de Luisiana (Nova Francia). Despois de que os irmáns Vérendrye deixasen a rexión da Dacota do Sur, en 1743, poucas persoas de ascendencia europea pisarían a rexión. Foi soamente en 1785 que o primeiro colono de ascendencia europea - Pierre Dorion, un comerciante e cazador franco-canadense - estableceuse na actual Dacota do Sur, con carácter permanente.

En 1763, como parte do Tratado de París, Francia cedeu todos os seus territorios a oeste do Río Mississippi a España, a metade occidental do territorio coñecido como Luisiana. Así, gran parte da actual Dacota do Norte pasou a control español. En 1800, os españois cederon estes territorios a Francia. Esta vendeu toda Luisiana aos Estados Unidos en 1803. O Presidente americano Thomas Jefferson encomendoulle a Meriwether Lewis e William Clark a misión de explorar a rexión de Luisiana. Lewis e Clark explorarían a rexión de Dacota do Sur por primeira vez en agosto de 1804, acampando nas proximidades da actual cidade de Elk Point, establecendo relacións amigables con tribos nativas que vivían na rexión. En setembro, os exploradores partiron rumbo ao nordeste, en dirección á actual Dacota do Norte. Retornarían unha vez máis á actual Dacota do Sur en 1806, na viaxe de volta para a costa este americana.

Lewis e Clark describiron a rexión de Dacota do Sur como unha rexión chea de animais cuxa pel era cobizada polos comerciantes - como o bisonte - o que atraeu a moitos cazadores e comerciantes á rexión. O primeiro posto comercial de Dacota do Sur foi fundado en 1817. Este posto comercial converteríase posteriormente na actual cidade de Fort Pierre. Con todo, o crecente aumento de poboación da rexión por parte dos americanos de ascendencia europea fixeron que as tribos de nativos americanos pasasen a temer cada vez máis pola perda das súas terras. Xurdiron entón tensións entre ameríndios e americanos de ascendencia europea. En 1823, os arikara atacaron unha comunidade americana, masacrando aos seus habitantes. En resposta, o goberno americano enviou tropas á rexión. Os sioux, inimigos dos arikara, aliáronse coas tropas americanas. Os arikara foron derrotados o mesmo ano e confinados en reservas.

A actual Dacota do Sur, inicialmente parte do Territorio de Luisiana, foi incorporada ao Territorio do Missouri en 1812. En 1834, a porción occidental da actual Dacota do Sur sería cedida ao Territorio de Michigan, porción que pertencería posteriormente aos territorios de Wisconsin, Iowa e Minnesota.

Dacota do Sur comezou a desenvolverse rapidamente durante a década de 1830, cando se descubriu que os buques a vapor eran capaces de circular pola rexión do Río Mississippi que corta a Dacota do Sur, incentivando a caza e o comercio de peles na rexión. A caza foi a principal fonte de renda de Dacota do Sur ata a década de 1850. A partir de 1857, grandes consorcios compraron importantes cantidades de terras na actual Dacota do Sur. Estas compañías dividiron as súas terras en pequenos lotes que eran alugados aos granxeiros dispostos a cultivar na rexión. Estas mesmas compañías fundaron tamén diversas cidades na zona, como Bon Homme, Vermillion e Yankton. En 1858, os sioux acordaron ceder as súas terras no suroeste da actual Dacota do Sur. Os consorcios e a saída dos sioux do suroeste da rexión atraerían a moitas persoas durante o final da década.

En 1861, o goberno americano creou o Territorio de Dacota (parte setentrional da Compra de Luisiana). Este territorio incorporaba o que actualmente forma os actuais Estados de Dacota do Norte e Dacota do Sur, así como partes dos actuais Montana e de Wyoming. En 1863, partes do Territorio de Dacota foron cedidas para os territorios de Montana e Wyoming, quedando soamente o territorio formado actualmente por Dacota do Norte e por Dacota do Sur. O Acto Homestead fornecía lotes de terra sen custo para familias que estivesen dispostas a asentarse a rexión, nun esforzo para incentivar o poboamento da rexión, aínda pouco poboada.

Diversos conflitos entre americanos de ascendencia europea e os nativos americanos sioux ocorreron durante a década de 1860. Un destes conflitos foi a Guerra de Red Cloud, ocorrida entre 1866 e 1868. Os sioux estaban en contra da construción de estradas e da presenza de americanos brancos dentro do actual centro-oeste de Dacota do Sur, crendo que tales estradas ían interferir co seu estilo de vida. A guerra foi marcada por diversos ataques sorpresa contra cidadelas e tropas americanas. Os ataques dos sioux tiveron o seu fin en 1868, cando o goberno federal acordou, a través do Tratado de Laramie, non construír estradas e impedir o poboamento da rexión centro-oeste de Dacota do Sur, a oeste do Río Missouri, facendo da rexión unha xigantesca reserva nativoamericana, o Great Sioux Reservation.

O goberno federal violou os termos do Tratado de Laramie en 1874, cando enviou tropas americanas lideradas por o xeneral Custer dentro dos límites da reserva nativoamericana sioux, rumbo a Black Hills, en procura de ouro. Grandes reservas de ouro foron atopados dentro dos límites da reserva indíxena entre 1876 e 1877, causando unha "febre do ouro", que atraeu miles de persoas vindas doutros Estados americanos e inmigrantes á rexión. En 1872, inaugurouse a primeira liña ferroviaria que conectaba Dacota do Sur co resto do país, propiciando a saída do ouro extraído na rexión, e incentivando o asentamento da poboación e o cultivo de terras en rexións illadas. Dacota do Sur pasou a converterse nunha gran produtora de trigo e de millo. A industria agropecuaria superaría á mineira como principal fonte de renda da rexión durante a década de 1880.

A violación do Tratado de Laramie levou a unha das grandes rebelións por parte dos sioux, liderado por Cabalo Tolo e Touro Sentado. Os nativos americanos realizaron diversos ataques contra asentamentos brancos, pero foron definitivamente derrotados en 1877, e confinados definitivamente en pequenas reservas.

Deadwood, en 1888.

Grazas á extracción do ouro e da agricultura e a gandería, a poboación de todo o Territorio de Dacota - incluíndo a rexión da actual Dacota do Sur - pasou a crecer rapidamente. Con todo, os ferrocarrís que propiciaran a ascensión das industrias do trigo e da minería, así como o poboamento da rexión, pasaron a causar tensións de tipo fronteirizo entre a rexión norte e sur do Territorio de Dacota. Estas vías ferroviarias - que eran transcontinentais, unindo a costa este americana coa costa oeste - cruzaban o Territorio de Dacota nun sentido este-oeste. Non existían vías conectando o norte do territorio co sur, e o transporte entre ambas as rexións era difícil. O rápido crecemento poboacional do Territorio de Dacota fixo que o goberno do territorio e os seus habitantes comezasen a presionar ao goberno americano a facer que o territorio fose elevado á categoría de Estado. Con todo, por mor das tensións divisorias, rapidamente os habitantes do norte e do sur do Territorio de Dacota esixisen que cada rexión tivese o seu propio goberno.

En febreiro de 1889, o Congreso americano dividiu o Territorio de Dacota en dous. Ambos os territorios adquiriron entón as súas actuais fronteiras políticas. A rivalidade entre ambas as Dacotas era tal que, logo da aprobación do Congreso, ambas as Dacotas esixiron ser as primeiras en converterse en Estado, por iso, o Presidente americano Benjamin Harrison - logo da ratificación da Constitución americana por ambas as Dacotas - ordenou ao Secretario de Estado James Blaine que mesturase ambos os documentos, impedindo así ver cal dos dous elevábase oficialmente en primeiro lugar, e o Presidente Harrison sempre se negou a dicir cal asinara primeiro, polo cal nunca sabeuse quen se converteu primeiro nun Estado da Unión. Así, o 2 de novembro de 1889, Dacota do Sur converteuse no 39° Estado americano, xuntamente con Dacota do Norte. Con todo a proclamación de Dacota do Norte foi publicada primeiro no Statutes at Large (polo simple feito de ser o primeiro en orde alfabética) e a miúdo aparece así en moitos documentos.

1889 - Actualidade[editar | editar a fonte]

O mesmo ano en que Dacota do Sur converteuse nun Estado, un movemento nativoamericano tivo inicio nas reservas indíxenas sioux do Estado. Este movemento pedía o retorno das antigas tradicións e estilos de vida entre a poboación sioux. Estes foran forzados a abandonar moitas destas tradicións e estilos de vida ao ser confinados en pequenas reservas, facéndose sedentarios. O nome deste movemento era Ghost Baile. Este movemento foi considerado unha ameaza polo goberno americano. O seu líder, Touro Sentado, foi asasinado polos policías indios enviados para prendelo. Moitos dos seguidores de Touro Sentado armáronse e uníronse baixo o liderado de Big Foot. Soldados americanos foron enviados para desarmar aos sioux. Con todo, os soldados americanos acabaron matando preto de 300 indios, entre mulleres, nenos e anciáns, na Masacre de Wound Creek. Este enfrontamento foi a última tentativa de resistencia indíxena contra a ocupación do interior americano por parte dos estadounidenses de ascendencia europea.

As primeiras décadas como Estado estiveron marcadas pola inestabilidade da economía e do crecemento poboacional do Estado. A poboación de Dacota do Sur crecera rapidamente, durante a época en que a rexión formaba parte do Territorio de Dacota. Con todo, un período de seca prolongada iniciouse en 1889, e durou ata 1897. A agricultura e gandería de Dacota do Sur entrou nun período de gran recesión, e o crecemento poboacional do Estado quedou estancado. O fin do período de seca en 1897 e o aumento dos prezos do trigo e do millo, así como o establecemento de novas terras libres para o cultivo (á conta dos nativos americanos, segregándoos ás reservas) iniciou un novo período de grande aumento poboacional e de prosperidade económica no Estado, que perduraría ata 1911, cando comezou un novo período de seca. O fin deste período, en 1914, e a Primeira Guerra Mundial, fixeron que o Estado volvese prosperar economicamente.

O maior período de recesión económica da historia de Dacota do Sur tivo inicio durante mediados da década de 1920, cando a diminución dos prezos do trigo e do millo no mercado doméstico e internacional causaron grande endebedamento entre os granxeiros. Moitos destes, incapaces de pagar as súas débedas, víronse forzados a ceder as súas propiedades aos bancos e trasladarse para outras rexións. Isto causou a suspensión de pagos de incontables establecementos bancarios no Estado. Esta recesión foi agravada co inicio da Gran Depresión, en 1929, e que se estendería ata o inicio da década de 1940. Aínda por riba, o período máis prolongado de seca da historia de Dacota do Sur abateuse sobre o Estado - de 1930 ata 1940 - ademais de grandes tempestades de area e enxames de saltóns, que causaron a destrución da industria agraria de Dacota do Sur gran miseria e pobreza entre gran parte da poboación do Estado, o que fixo que moitos abandonasen Dacota do Sur, e cambiasen para outros Estados en procura de oportunidades de traballo, diminuíndo drasticamente a poboación do Estado, que pasou de 692.849 habitantes en 1930, a 642.961 en 1940. Diversos programas de asistencia socio-económica e construcións públicas por parte dos gobernos de Dacota do Sur e dos Estados Unidos, foron postos en marcha nunha tentativa de minimizar os efectos da recesión.

O Monte Rushmore é un dos destinos turísticos mais importantes do mundo, que atrae a millóns de persoas cada ano. A construción desta xigantesca escultura iniciouse en 1927, e foi inaugurada en 1941.

Entre 1927 e 1941, o escultor Gutzon Broglum e 400 traballadores esculpieron no Monte Rushmore, en Black Hills, os bustos de catro Presidentes americanos: George Washington, Thomas Jefferson, Theodore Roosevelt e Abraham Lincoln. A inauguración desta xigantesca escultura, próxima á cidade de Keystone, serviu como un marco para a historia dos Estados Unidos, e converteu a Dacota do Sur nun gran foco turístico.

A recesión da década de 1930 tivo fin en 1941, coa entrada dos Estados Unidos na Segunda Guerra Mundial, do período de seca e do caída dos prezos de produtos agropecuarios en xeral. Dacota do Sur volveu prosperar economicamente, pasando a vender grandes cantidades de produtos agrícolas e gandeiros ao goberno americano. O goberno de Dacota do Sur tamén adoptou programas incentivando o turismo e a industria secundaria, buscando diminuír a dependencia do Estado en relación á industria agropecuaria, así como o éxodo poboacional - especialmente de mozos - cara a outros Estados americanos. Con todo, a diversificación da economía de Dacota do Sur foi lenta e gradual. Entre 1944 e 1966, catro grandes centrais hidroeléctricas foron construídas no Estado. A importancia do turismo na economía faríase cada vez maior a partir da década de 1960. Unha recesión na industria agropecuaria do Estado causaría unha diminución da poboación de Dacota do Sur na década de 1960, aínda que desde 1970, a poboación do Estado estivo crecendo continuamente, e o problema do éxodo poboacional diminuíu.

En 1972, grandes crecidas destruíron a presa de Rapid City Canyon Lake. As augas liberadas pola rotura da presa acabaron matando a 238 persoas en Rapid City. En 1973, a cidade de Wounded Knee sería invadida e ocupada por preto de 200 nativos americanos armados. Os nativos esixiron que o goberno do Estado prestase maior atención aos problemas aos que se enfrontaban as tribos nativoamericanas do Estado. A vila foi ocupada durante 71 días, sucedéndose diversos tiroteos entre os nativos e as tropas militares, e dous dos protestantes nativoamericanos morreron. En 1980, o Tribunal Supremo dos Estados Unidos ordenou que o goberno americano pagase 105 millóns de dólares aos sioux de Dacota do Sur, como indemnización da terra confiscada polo goberno americano na década de 1870. Os sioux rexeitárona, e ata a actualidade seguen solicitando o retorno das súas terras.

Durante a década de 1980, Dacota do Sur buscou converterse nun centro financeiro, fornecendo beneficios fiscais a bancos que estivesen interesados en instalar as súas sedes corporativas no Estado. Con todo, Delaware outorgou mellores beneficios fiscais, e a maior parte dos bancos que pretendían instalarse no Estado cambiáronse para Delaware. Aínda así, diversos bancos - principalmente de pequeno ou mediano tamaño - instaláronse en Dacota do Sur, facendo da prestación do servizos financeiros a principal fonte de renda do Estado desde entón. A industria de manufatura desenvolveuse drasticamente durante a década de 1990, iniciando un período de relativo gran crecemento poboacional, que perdura ata a actualidade.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Como no Badlands National Park, as praderías cobren gran parte do estado.

Dacota do Sur limita ao norte con Dacota do Norte, ao leste con Minnesota e Iowa, ao sur con Nebraska e ao oeste con Wyoming e Montana.

O río máis importante de Dacota do Sur é o Río Missouri. O Missouri e os seus afluentes bañan practicamente todo o Estado, con excepción da rexión nordeste. O maior lago do Estado, o Lago Oahe, é artificial, formado pola Presa Oahe. Os bosques cobren aproximadamente o 4% de Dacota do Sur.

O Estado pódese dividir en catro rexións xeográficas distintas:

  • As Chairas Dissected Till ocupan o sueste de Dacota do Sur. Caracterízanse pola presenza de grandes cantidades de sedimentos deixados por antigos glaciares. Caracterízase tamén polo seu terreo relativamente plano e polo seu terreo moi fértil. O chan da rexión se erosiona facilmente, facendo que os ríos da rexión escaven vales moi profundos.
  • A Drift Praire ocupa a maior parte da rexión oriental. Caracterízase polo seu terreo cuberto por pequenos montes achatados, polo seu chan fértil e polos seus pequenos lagos glaciales, que atraen a miles de patos salvaxes cada ano.
  • As Grandes Planicies cobren a maior parte de Dacota do Sur, cubrindo toda a rexión central, a maior parte da rexión occidental e boa parte da rexión oriental do Estado. Caracterízase polo seu terreo relativamente pouco accidentado, marcado pola continua presenza de montes pouco elevados, pola súa baixa altitude, e polo seu chan fértil (aínda que menos que o de Drift Praire. Badlands - rexións cuxo chan foi extensivamente erosionado - son comúns nas Grandes Chairas de Dacota do Sur.
  • Black Hills - a menor das catro rexións xeográficas - cobre o centro-oeste de Dacota do Sur, localizado entre o río Belle Fourche e o río Cheyenne, é un pequeno enclave das Grandes Chairas. Black Hills caracterízase por ser unha rexión montañosa, cunha altitude entre 600 e 1.200 metros. A rexión posúe un terreo accidentado, con diversos vales profundos e formacións rochosas, e é rica en minerais como o ouro, a prata, o cobre e o chumbo. Estes accidentes xeográficos fan de Black Hills a principal atracción turística de Dacota do Sur. Nunha destas formacións rochosas atópase o Monte Rushmore. En Black Hills tamén se atopa o punto máis alto do Estado, o Harney's Peak, con 2.207 metros de altitude.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima de Dacota do Sur é tépedo. Debido ao seu terreo pouco accidentado e distante de grandes masas de auga, Dacota do Sur posúe grandes variacións de temperatura e un clima inestable, aínda que non tanto como a inestabilidade do clima de Dacota do Norte.

No inverno, as temperaturas medias máis altas rexístranse no suroeste do Estado, e diminúen a medida en que se viaxa en dirección ao nordés. A temperatura media é de -6°C no suroeste e de -12 °C no nordés. A media das mínimas é de -12 °C no suroeste e de -19 °C no nordeste. A media das máximas é de 2 °C no suroeste e de -4 °C no nordés. Os extremos varían entre -45 °C e 18 °C. A temperatura máis baixa rexistrada no Estado foi de -50 °C, en McIntosh, o 17 de febreiro de 1936.

No verán, as temperaturas máis altas danse no sueste, e diminúen a medida en que se viaxa en dirección ao norte, ou na rexión montañosa de Black Hills. A temperatura media no sueste, é de 26 °C, e de 20 °C no noroeste e en Black Hills. A media das mínimas é de 14 °C no suroeste e de 11 °C no noroeste, e a media das máximas é de 32 °C no suroeste e de 25 °C no noroeste. Extremos varían entre 2 °C e 44 °C. A temperatura máis alta rexistrada no Estado foi de 49 °C, en Gannvalley, o 5 de xullo de 1936.

Dacota do Sur posúe baixas taxas de precipitación media anual de choiva. Ningunha parte do Estado recibe máis de 70 centímetros de choiva ao ano. As taxas de precipitación son maiores na rexión de Black Hills e no leste do Estado - que reciben preto de 62 centímetros anuais - e diminúen a medida en que se viaxa en dirección ao oeste, onde certas rexións reciben menos de 30 centímetros anuais de choiva. A taxa de precipitación de neve no Estado é de 64 centímetros no sueste e de 33 centímetros no noroeste do Estado.

Política[editar | editar a fonte]

Mapa de Dacota do Sur.

A actual Constitución de Dacota do Sur foi adoptada en 1889. As Emendas á Constitución son propostas polo Poder Lexislativo, e para ser aprobadas, necesitan os votos favorables de polo menos o 51% do Senado e da Cámara dos Representantes do Estado, e polo 51% ou máis da poboación electoral de Dacota do Sur, nun referendo. A poboación do Estado tamén pode propor emendas á Constitución estatal a través dun proceso coñecido como iniciativa e referendo, unha petición asinada por polo menos o 4% da poboación do Estado. Se se alcanza este 4%, levaría a cabo un referendo, onde, para ser aprobada, necesita ter polo menos o 51% dos votos a favor. Dacota do Sur foi o primeiro Estado americano en implementar o proceso de iniciativa e referendo. Un terceiro método para realizar emendas á constitución é a través da realización dunha Convención Constitucional, que para realizarse, necesita ser proposta por unha das Cámaras do Lexislativo de Dacota do Sur, e aprobada polo 75% dos membros de ambas as Cámaras, e entón, por polo menos o 51% da poboación electoral do Estado, a través da realización dun referendo.

O principal oficial do Poder Executivo de Dacota do Sur é o Gobernador. Este é elixido polos electores do Estado para mandatos de ata catro anos de duración. Unha persoa pode exercer o cargo de gobernador cantas veces poida. Outros oficiais elixidos son o Tenente-Gobernador, o Tesoureiro, o Secretario de Estado, o Fiscal Xeral, o Comisario de Agricultura e o Superintendente de Educación, entre outros, para mandatos de ata 4 anos de duración.

O Poder Lexislativo de Dacota do Sur está constituído polo Senado e a Cámara dos Representantes. O Senado posúe un total de 35 membros, mentres que a Cámara dos Representantes posúe un total de 70 membros. Dacota do Sur está dividido en 35 distritos lexislativos. Os electores de cada distrito elixen un senador e dous representantes, que representan cada distrito no Senado/Cámara dos Representantes. O termo do mandato dos senadores é de catro anos de duración, e o dos representantes é de dous anos.

O tribunal mais alto do Poder Xudicial de Dacota do Sur é o Tribunal Supremo de Dacota do Sur, composta por cinco xuíces. O mandato das persoas que son elixidas por primeira vez como xuíz do Tribunal Supremo é de ata tres anos de duración. Ao finalizar este período, a poboación do Estado, a través dunha nova votación, escolle entre a finalización do mandato deste xuíz ou permitir que continue o seu posto. Se é reelixido, o xuíz en cuestión é elixido pola poboación do Estado para un mandato de ata oito anos de duración, onde logo deste período, vólvese a realizar unha nova votación. Dacota do Sur está dividida en sete distritos xudiciais, cada un composto por como mínimo catro xuíces. Estes xuíces son elixidos pola poboación dos seus distritos para mandatos de ata 8 anos de duración. Estes órganos xudiciais son dirixidos por un xefe de xustiza, elixido polos xuíces dos seus respectivos tribunais para mandatos de ata 8 anos de duración.

Dacota do Sur está dividido en 66 condados. Cada un destes condados é gobernado por un consello de comisionados, composto por de tres a cinco membros electos pola poboación dos seus respectivos condados para mandatos de ata catro anos de duración. Dacota do Sur posúe preto de 300 cidades. Estas cidades son libres para escoller a súa estrutura de goberno. A maior parte das cidades son gobernadas por un alcalde e por un consello municipal.

Preto de 40% do orzamento de Dacota do Sur é xerada por impostos estatais, e o resto provén de orzamentos recibidos do goberno federal e de préstamos. En 2002, o goberno do Estado gastou 2,77 mil millóns de dólares, habendo xerado 2,49 mil millóns de dólares. A débeda gobernamental de Dacota do Sur é de 2,31 mil millóns de dólares. A débeda per cápita é de 3.036 dólares, o valor dos impostos estatais per cápita é de 1.285 dólares, e o valor dos gastos gobernamentais per cápita é de 3.647 dólares.

Desde a súa creación e elevación á categoría de Estado en 1889, Dacota do Sur foi dominada politicamente polo Partido Republicano. O primeiro gobernador do Estado foi un republicano. Historicamente, de cada catro persoas electas para o posto de gobernador, tres foron republicanos. A maioría dos políticos electos para postos no Lexislativo en cidades e en condados tamén son republicanos. A nivel nacional, a maioría dos senadores e membros da Cámara dos Representantes federal foron republicanos. Os demócratas soamente adquiriron certa forza a partir da década de 1950, aínda que na actualidade os republicanos seguen dominando politicamente en Dacota do Sur.

Demografía[editar | editar a fonte]

Crecemento da poboación de Dacota do Sur
Ano Habitantes
1860 4.837
1870 11.776
1880 98.268
1890 348.600
1900 401.570
1910 583.888
1920 636.547
1930 692.849
Ano Habitantes
1940 642.961
1950 652.740
1960 680.514
1970 665.507
1980 690.768
1990 696.004
2000 754.844
2005* 775.933
(*) Estimación

O censo nacional do ano 2000, da Oficina do Censo dos Estados Unidos, fixou a poboación de Dacota do Sur en 754.844 habitantes, un crecemento do 8,5% en relación á poboación do Estado en 1990, de 696.004 habitantes. Unha estimativa realizada en 2005 calcula a poboación do Estado en 775.933 habitantes, un crecemento do 11,4% en relación á poboación do Estado en 1990, do 2,8%, en relación á poboación do Estado en 2000, e do 0,7% en relación á poboación estimada en 2004.

O crecemento poboacional natural de Dacota do Sur entre 2000 e 2005 foi de 19.199 habitantes - 56.247 nacementos e 37.048 falecementos - o crecemento poboacional causado pola inmigración foi de 3.957 habitantes, mentres que a migración interestatal incrementouse en 735 habitantes. Entre 2000 e 2005, a poboación do Estado creceu en 21.089 habitantes, e entre 2004 e 2005, en 5.312 habitantes.

O 6,8% da poboación de Dacota do Sur posúe menos de 5 anos de idade, o 26,8% posúe menos de 18 anos de idade, e o 14,3% posúe 65 anos de idade ou máis. As persoas do sexo feminino compón aproximadamente o 50,4% da poboación do Estado, e persoas do sexo masculino o 49,6%.

Razas e etnias[editar | editar a fonte]

Composición racial da poboación de Dacota do Sur:

Os cinco maiores grupos étnicos de Dacota do Sur son: alemáns (40,7% da poboación do Estado), noruegueses (15,3%), irlandeses (10,4%), nativos americanos (8,3%) e ingleses (7,1%).

Os alemáns forman o maior grupo étnico de Dacota do Sur, especialmente no leste. Diversos condados do Estado tamén posúen unha gran poboación de ascendencia escandinava. Os nativos americanos, principalmente Sioux, son un grupo étnico predominante en diversos condados.

Relixión[editar | editar a fonte]

Porcentaxe da poboación de Dacota do Sur por afiliación relixiosa:

Principais cidades[editar | editar a fonte]

  • Aberdeen
  • Brookings
  • Deadwood
  • Huron
  • Lead
  • Madison
  • Mitchell
  • Pierre
  • Rapid City
  • Sioux Falls
  • Sturgis
  • Watertown
  • Yankton

Economía[editar | editar a fonte]

Moeda de 25 cent.

O produto interior bruto de Dacota do Sur foi de 23,12 mil millóns de dólares en 2003. A renda per cápita do Estado, pola súa banda, foi de 30.722 dólares. A taxa de desemprego de Dacota do Sur é do 3,5%, a terceira máis baixa do país, só maior que as taxas de desemprego de Hawai e de Dacota do Norte.

O sector primario supón o 8% do PIB de Dacota do Sur. Xuntas, a agricultura e a gandería correspóndense co 8% do PIB, e empregan aproximadamente 44 mil persoas. Os efectos da pesca e da silvicultura son mínimos na economía do Estado. A agropecuaria é unha das principais fontes de renda de Dacota do Sur, ningún Estado americano depende tanto da agricultura e a gandería como Dacota do Sur, e como consecuencia, a porcentaxe da participación da industria agropecuaria no PIB estatal é a maior entre calquera Estado americano. O Estado posúe 33 mil granxas, que cobren aproximadamente o 90% do Estado. Dacota do Sur é un dos líderes nacionais na produción de trigo, millo, sementes de xirasol e carne e leite bovinos, e posúe un dos maiores rabaños bovinos do país.

O sector secundario achega o 18% do PIB. A industria secundaria supón o 13% do PIB do Estado e emprega aproximadamente a 52 mil persoas. O valor total dos produtos fabricados no Estado é de 5,5 mil millóns de dólares. Os principais produtos industrializados fabricados no Estado son equipamentos electrónicos en xeral, alimentos industrialmente procesados, maquinaria, equipamentos de transportes e derivados do petróleo. A industria da construción supón o 4% do PIB do Estado, empregando aproximadamente a 28 mil persoas. A minería achega o 1% do PIB de Dacota do Sur, empregando preto de 1,6 mil persoas. Os principais produtos son o petróleo, granito e arenisca.

O sector terciario supón o 74% do PIB de Dacota do Sur. O Estado é un gran centro financeiro, que atraeu diversas institucións financeiras a través de programas de incentivos fiscais. Servizos financeiros e imobiliarios supón cerca do 20% do PIB, empregando aproximadamente a 43 mil persoas. Aproximadamente o 18% do PIB do Estado xérase a través de servizos comunitarios e persoais. Este sector emprega preto de 146 mil persoas. O comercio por xunto e polo miúdo, co 16% do PIB, emprega aproximadamente a 111 mil persoas. Os Servizos gobernamentais supón o 14% do PIB de Dacota do Sur, empregando aproximadamente a 71 mil persoas. Transportes, telecomunicacións e utilidades públicas empregan a 23 mil persoas, e responden polo 8% do PIB. Cerca do 56% da electricidade xerada no Estado é producida en centrais hidroeléctricas. A maior parte do resto é xerada en centrais termoeléctricas a carbón ou a petróleo.

Educación[editar | editar a fonte]

A primeira escola pública de Dacota do Sur foi fundada en 1860, en Bon Homme, aínda que esta escola foi demolida só tres meses despois, e o seu material usado para a construción dunha muralla de defensa contra ataques indíxenas. En 1862, o goberno do Territorio de Dacota creou un sistema de educación pública, e en 1864 nomeouse o primeiro superintendente de educación pública do territorio. A primeira escola construída con carácter permanente en Dacota do Sur foi fundada en 1865, en Vermillion. Cando os Estados de Dacota do Norte e de Dacota do Sur foron creados, cada un continuou atendendo economicamente a todas as escolas de lingua inglesa no Estado. Posteriormente, o Estado tamén comezou a achegar orzamentos ás escolas que ensinaban idiomas nativoamericanos en reservas indíxenas.

Actualmente, todas as institucións educacionais en Dacota do Sur están obrigadas a seguir as regras e disposicións ditadas polo Consello Estatal de Educación de Dacota do Sur. O Consello está composto por nove membros nomeados polo gobernador e aprobados polo Senado, por períodos de ata catro anos de duración. Cada cidade principal (city), diversas cidades secundarias (towns) e cada condado, é atendida por un distrito escolar. Nas cidades, a responsabilidade de administrar as escolas é do distrito escolar municipal, mentres que en rexións menos densamente habitadas, esta responsabilidade é dos distritos escolares operando en todo o condado en xeral. Cada distrito escolar posúe os seus propios superintendentes. Dacota do Sur non permite a operación de "escolas charter" - escolas públicas independentes, que non son administradas por distritos escolares, pero que dependen de orzamentos públicos para o seu funcionamento. A atención escolar é obrigatoria para todos os nenos e adolescentes con máis de seis anos de idade, ata a conclusión do ensino secundario ou ata os quince anos de idade.

En 1999, as escolas públicas do Estado atenderon preto de 131 mil estudantes, empregando aproximadamente 9,4 mil profesores. As escolas privadas atenderon preto de 9,4 mil estudantes, empregando aproximadamente 700 profesores. O sistema de escolas públicas do Estado consumiu preto de 697 millóns de dólares, e o gasto das escolas públicas foi de aproximadamente 5,6 mil dólares por estudante. Preto de 88,7% dos habitantes do Estado con máis de 25 anos de idade posúen un diploma de educación secundaria.

As primeiras bibliotecas públicas de Dacota do Sur foron fundadas durante a década de 1880. Actualmente, o Estado posúe 126 sistemas de bibliotecas públicas diferentes, que moven anualmente unha media de 8 libros por habitante. A primeira institución de educación superior fundada no Estado foi a Facultade Yankton, fundada en 1881, e pechada en 1984. Actualmente, o Estado posúe 27 institucións de educación superior, das cales 14 son públicas e 13 son privadas. Destas institucións, 10 son universidades e 17 son facultades. A maior universidade do Estado é a Universidade Estatal de Dacota do Sur.

Transportes[editar | editar a fonte]

A primeira liña ferroviaria que conectaba Dacota do Sur con outras rexións do país foi inaugurada en 1872, en Vermillion. Dacota do Sur, en 2002, posuía 2.956 quilómetros de liñas ferroviarias. En 2003, Dacota do Sur posuía 134.683 quilómetros de vías públicas, dos cales 1.093 quilómetros eran estradas interestatais, considerados parte do sistema federal viario dos Estados Unidos. Actualmente, dúas compañías ferroviarias fornecen transporte de carga, e a Amtrak fornece servizo de transporte de pasaxeiros.

O aeroporto con mais movemento de Dacota do Sur é o Aeroporto Internacional de Sioux Falls. Moitos aeródromos están esparexidos polas áreas rurais de Dacota do Sur, conectando rexións máis illadas co resto do Estado. Sioux Falls é o principal viario, ferroviario e aeroportuario do Estado.

Medios de comunicación[editar | editar a fonte]

O primeiro xornal de Dacota do Sur, o The Dakota Democrat, foi publicado por primeira vez en 1859, en Sioux Falls. Pola súa banda, o xornal máis antigo do Estado aínda en circulación, é o Weekly Dakotian, xornal semanal impreso por primeira vez en 1861, tamén en Sioux Falls, e que se convertería en 1875 no actual Daily Dakotian, de circulación diaria. Actualmente, son publicados no Estado preto de 125 xornais, dos cales nove son diarios.

A primeira estación de radio de Dacota do Sur foi fundada en 1922, en Rapid City. A primeira estación de televisión foi fundada en 1953, en Sioux Falls. Actualmente, Dacota do Sur posúe 83 estacións de radio - das cales 36 son AM e 47 son FM - e 19 estacións de televisión.

Cultura[editar | editar a fonte]

Símbolos do Estado[editar | editar a fonte]

  • Árbore: Abeto
  • Bebida: Leite
  • Cabalo: Raza Nokota
  • Alcumes:
    • Mount Rushmore State
    • Coyote State (non oficial)
  • Deporte: Rodeo
  • Flor: Pulsatilla
  • Fósil: Madeira petrificada
  • Xema: Ágata
  • Insecto: Abella
  • Lema: Under God the People Rule (Baixo Deus o Pobo Manda)
  • Mamífero: Coiote Canis latrans
  • Mineral: Cuarzo
  • Música: Hail, South Dakota!
  • Paxaro: Faisán
  • Peixe: Sander vitreus
  • Pan: Taco navajo
  • Slogan: Great Faces. Great Places. (Grandes Rostros. Grandes Lugares.)
  • Sobremesa: Kuchen

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Schell, Herbert Samuel e Miller, John E. (2004). History Of South Dakota. South Dakota State Historical Society. ISBN 0-9715171-3-4. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

(en inglés)

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dacota do Sur