Economía do Xapón
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Economía de Xapón | |
|---|---|
| Moeda | Ien |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, OCDE, APEC e outras |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 4 338 mil millóns (2010) |
| Posición do PIB | 4ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 3% (2010) |
| PIB per cápita | $ 34.200 (2010) |
| PIB por sector | agricultura 1,5%, industria 22,8%, comercio e servizos 75,7% (2010) |
| Inflación | |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 15,7% (2007) |
| Total da forza de traballo | 65,64 millóns (2010) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 4%, industria 28%, comercio e servizos 68% (2008) |
| Desemprego | 5,2% (2010) |
| Industrias | é un dos principais e máis avanzados produtores de automóbiles, equipamentos electrónicos, máquinas-ferramenta, aceiro e metais non ferrosos, barcos, produtos químicos, textis, alimentos procesados |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 735,8 mil millóns (2010) |
| Produtos de exportación | equipamentos de transporte, veículos motorizados, semiconductores, materiais eléctricos, produtos químicos |
| Principais mercados | República Popular de China 18,88%, Estados Unidos 16,42%, Corea do Sur 8,13%, Taiwan 6,27%, Hong Kong 5,49% (2009) |
| Importacións | 636,8 mil millóns (2010) |
| Principais produtos importados | máquinas e equipamentos, combustibles, alimentos, produtos químicos, textis, materias primas |
| Principais mercados | República Popular de China 22,2%, Estados Unidos 10,96%, Australia 6,29%, Arabia Saudí 5,29%, Emiratos Árabes Unidos 4,12%, Corea do Sur 3,98%, Indonesia 3,95% (2009) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 2 246 mil millóns (2010) |
| Receitas | 1 614 mil millóns (2009) |
| Despesas | 1 997 mil millóns (2009) |
A economía de Xapón é a quarta máis grande do mundo, tras Estados Unidos, Unión Europea e a República Popular China. Os sectores estratéxicos da economía son os de produtos manufacturados e tecnoloxía, sobre todo os vehículos, artigos electrónicos e industria do aceiro. O país é moi eficiente nos sectores voltados á exportación, especialmente os de alta tecnoloxía, pero a productividade é reducida en áreas protexidas, como a agricultura[3], que recibe moitos subsidios do estado. O sector das finanzas está desenvolvéndose moito na actualidade debido en gran parte á súa moeda, o ien que é a terceira máis negociada tralo dólar estadounidense e o euro.