Illa Baker
| Illa Baker | |
|---|---|
| Vista da illa | |
![]() |
|
| Datos | |
| Capital | |
| País | Estados Unidos |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | |
| Linguas | Ingles |
| Poboación (2010) | |
| Superficie | 1´4 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 0°11.7′N 176°28.7′W / 0.195°N 176.4783°W |
| Maior Altura | 8 m. |
| Localización | |
![]() |
|
A illa Baker é unha illa coralina estadounidense no Océano Pacífico, no grupo de Illas Fénix. É responsabilidade dos Estados Unidos e, aínda que despoblada, os Gardacostas dos Estados Unidos (United States Coast Guard) visitan a illa anualmente.
Índice |
Historia [editar]
Os Estados Unidos tomaron posesión da illa no ano 1857, reclamado sobre a Acta de Illas Guaneras de 1856. Os depósitos de guano foron minados por compañías de Estados Unidos e Gran Bretaña na segunda metade do século XIX. Unha curta tentativa de colonizar a illa (e tamén Illa Howland) comezou no ano 1935, pero foi interrompido pola Segunda Guerra Mundial e abandonouse.
Actualmente, a illa é unha Reserva Nacional de Vida Silvestre (National Wildlife Refuge) xestionado polo Departamento do Interior dos Estados Unidos (U.S. Department of the Interior). .
Véxase Historia das Illas Pacíficas.
Xeografía [editar]
O atol, a medio camiño entre Hawai e Australia, ten unha superficie de 1.4 km² e unha altura máxima de 8 metros sobre o nivel do mar. O seu clima é ecuatorial, con escasas precipitacións, vento constante e sol ardente. A illa está rodeada por un arrecife de coral estreito, o cal é un perigo para os barcos que navegan preto da costa. A súa vexetación é escasa e dispersa, formada por herba, vide de prostrado, e arbustos baixos. A illa carece de árbores e dunha fonte natural de auga potable.
Demografía [editar]
A poboación civil dos EE.UU. evacuou a illa no ano 1942 logo de sufrir ataques aéreos e navais dos xaponeses na Segunda Guerra Mundial, posto que o atol estaba ocupado polas Forzas Armadas dos EE.UU., os cales abandonaron a illa logo da guerra.
O acceso ao público só é posible cun permiso especial do Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos, o cal xeralmente só concedese a científicos e educadores. Á metade da costa oeste do atol están situados un cemiterio e os restos de edificacións do extinto asentamento. É visitado anualmente polo Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos (desde xullo de 2000).
Actualmente, o atol atópase despoblado.
Goberno [editar]
É territorio dos EE.UU. non incorporado; administrado en Wáshington, DC, polo Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos dos Estados Unidos do Departamento do Interior como de parte do sistema da Reserva Nacional de Vida Silvestre.
Transportes [editar]
- Portos e accesos: ningún; só se pode ancorar no litoral, aínda que hai un desembarcadoiro polo medio da costa occidental.
- Aeroportos: hai unha pista de aterraxe abandonada da Segunda Guerra Mundial cunha lonxitude de 1.665 m, que se atopa completamente cuberta de vexetación e é, polo tanto, inservible.
Hai un faro cerca do medio da costa occidental.
0°13′N 176°31′W / 0.217°N 176.517°W
|
|||||||||||


