Gonzalo Fernández de Córdoba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gonzalo Fernández de Córdoba foi un militar español que permitiu que a Coroa de Aragón mantivese o reino de Nápoles. Polas súas vitorias foi coñecido como o gran capitán.

Gonzalo Fernández de Córdoba, nado en Montilla en 1453 e falecido en Granada en 1515, alcumado O Gran Capitán, foi un gran militar español que ás ordes dos Reis Católicos loitou na conquista de Granada e na Guerra de Nápoles. Está considerado o inventor da guerra moderna.

Formación[editar | editar a fonte]

De neno foi parte do séquito de Isabel a Católica. Loitou a favor de Isabel na guerra civil castelá e en Granada. En recompensa polos seus destacados servizos, recibiu unha encomenda da Orde de Santiago, señorío de Orjiva e algunhas rendas sobre a seda granadina, o cal contribuíu a que se enriquecese.

A guerra de Italia[editar | editar a fonte]

O Gran Capitan

En 1495 foi chamado á guerra de Nápoles, onde tanto Fernando II de Aragón e o rei de Francia (naquel momento Luís XII). Tras unha corta campaña de tres anos e tras acadar importantes triunfos, volveu a España. Alí foi nomeado duque de Santángelo.

En 1500 foi enviado de novo a Nápoles para consolidar a posición de España en Nápoles tras un tratado con Francia. Os roces cos exércitos franceses, porén, conduciron ó enfrontamento con estes. Os franceses superaban amplamente en número ós españois, o que fixo que o Gran Capitán seguise tácticas defensivas, refuxiándose en prazas fortes. A grande estratexia do Gran Capitán conduciu á vitoria sobre os franceses en Ceriñola, en 1503. O comandante francés, o duque de Nemours, morreu en combate.

Grazas a esta vitoria, o exército español apropiouse de todo o reino de Nápoles. Luís XII de Francia mandou un novo exército, que foi derrotado en 1504 en Garellano. Tras estes acontecementos, o exército francés rendeuse en Gaeta.

De vicerrei á perda do favor real[editar | editar a fonte]

Terminada a guerra de Nápoles gobernou como vicerrei de Nápoles durante catro anos, mais foi deposto do goberno por temores de Fernando de Aragón de que se volvese demasiado poderoso e se independizase. O Gran Capitán intentou dar contas ó rei de que non tiña pensado traizoalo (no Arquivo de Simancas).

O Gran Capitán retirouse a entón a Loja, aínda que tiña desexos de volver a Italia, e morreu en 1515.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gonzalo Fernández de Córdoba