Britney Spears
| Britney Spears | |
|---|---|
{{{lenda}}} |
|
| Información | |
| Orixe | Kentwood, Louisiana, Estados Unidos |
| Período | |
| Xénero(s) | Pop |
| Selo(s) discográfico(s) | |
| Membros | {{{membros}}} |
| Antigos membros | {{{antigos_membros}}} |
| Web oficial | www.britneyspears.com |
Britney Spears, nada o 2 de decembro de 1981 en Kentwood, Louisiana, é unha cantante de pop estadounidense.
Spears comezou a actuar de nena en papeis de producións teatrais e en programas de televisión. Ela asinou con Jive Records en 1997 e lanzou o seu álbum debut ...Baby One More Time en 1999. Durante a súa primeira década na industria da música, converteuse nunha figura prominente na música popular comercial e na cultura popular, seguido dunha vida persoal moi publicitada. Os seus dous primeiros álbums establecérona como «A Princesa do Pop» e romperon marcas de vendas, mentres que os sinxelos "... Baby One More Time" e "Oops! ... I Did It Again" convertéronse en número uno internacionalmente. Spears foi acreditada como influencia na reactivación do teen pop a finais do 90s. En 2001, lanzou o seu terceiro álbum de estudo, Britney o cal reflectiu por parte da artista unha transición tanto musical como de imaxe. Ela asumiu o control creativo do seu cuarto álbum de estudo, In the Zone lanzado en 2003, sucedido de éxitos como "Me Against the Music", "Toxic" e "Everytime". Despois do lanzamento de dous álbums de compilación, Britney experimentou abundantes problemas persoais e a súa carreira sufriu un período de recesión. O seu quinto álbum de estudo, Blackout, foi lanzado en 2007 e a pesar de recibir escasa promoción, deu lugar a éxitos como "Gimme More" e "Piece of Me". A finais de 2008 foi lanzado o seu sexto álbum de estudo Circus, precedido do éxito mundial "Womanizer". Despois de embarcarse na xira The Circus Starring: Britney Spears, lanzou un álbum de grandes éxitos, The Singles Collection, que contou co sinxelo inédito "3". Spears regresou co seu sétimo álbum de estudo, titulado Femme Fatale, lanzado o 29 de marzo de 2011, incluíndo o primeiro sinxelo "Hold It Against Me", que se converteu de novo en número uno na EE.UU.. O álbum debutou no Billboard 200. Este feito fixo a Britney Spears a única artista feminina en ter seis álbums debutantes no número uno, e con sete álbums nos dous primeiros lugares.
Britney Spears vendeu máis de 100 millóns de gravacións en todo o mundo, facéndoa unha das artistas que máis vendeu na historia da música.7 De acordo á asociación musical estadounidense RIAA, Spears é a 8ª artista feminina de maior venda nos Estados Unidos, con 33 millóns de álbums certificados. Durante a década do 2000. É considerada pola revista Billboard como un tres artistas femininas máis importantes desa década. Ademais diso, vinte e sete dos seus sinxelos convertéronse en éxitos top 40 no ranking radial Pop Songs da revista Billboard,13 con trece top 10s deles e cinco Nº 1. En xuño de 2010, Spears foi ocupou o sexto lugar na lista Forbes das 100 celebridades máis poderosas e influentes no mundo, é tamén a terceira cantante máis mencionada en Internet, segundo a revista Forbes.
O seu éxito na industria da música, levoulle a incursionar noutras industrias, incluíndo a do cinema e a televisión. A máis recoñecida foi o papel protagónico que interpretou no ano 2002 na película Crossroads. Ademais diso, a súa fama como cantante tamén a levou a representar importantes campañas comerciais, incluíndo a súa propia liña de perfumes.15 Despois que a artista casase co bailarín Kevin Federline, a súa vida foi branco da prensa rosa e paparazzis que seguiron á cantante e aínda máis logo do seu divorcio e os seus posteriores problemas persoais, Britney logro saír adiante durante os seguintes anos e deixo atras todos os seus problemas para retomar a súa carreira e a custodia dos seus fillos, é considerada como un exemplo de sobrevivencia e superación persoal dentro e fóra do mundo do espectáculo.
[editar] Traxectoria
Fixo unha película chamada "Crossroads" na que ela facía de protagonista e cantaba algunhas das súas cancións.
A mediados de 2002 rompeu a súa relación de anos co seu mozo Justin Timberlake. A cantante de pop casou con Jasón Allen Alexander, oriundo do estado de Louisiana.
[editar] Discografía
- 1999r. ...Baby One More Time
- 2000r. Oops!... I Did It Again
- 2001r. Britney
- 2003r. In The Zone
- 2004r. Greatest Hits: My Prerogative (recompilatorio)
- 2007r. Blackout
- 2008r. Circus
- 2011r. Femme Fatale
Texto en negra