Osvaldo Pugliese

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Osvaldo Pugliese

Osvaldo Pedro Pugliese, nado o 2 de decembro de 1905 e finado o 25 de xullo de 1995, foi un pianista e compositor de tangos arxentino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formou o seu propio grupo, un sexteto, en 1936 e para el creou máis de 150 temas, entre eles os maís coñecidos son Recuerdo, La Beba, Negracha, Malandraca e La yumba, tamén gravou temás doutros autores, máis de 600. Asemade foi militante do Partido Comunista Arxentino, polas súas ideas políticas estivo no cárcere durante o goberno de Juan Domingo Perón.