Aaron Copland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aaron Copland

Aaron Copland, nado en Nova York o 14 de novembro de 1900 e finado en Sleepy Hollow o 2 de decembro de 1990, foi un compositor director de orquestra estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou con composición con Rubin Goldmark e de 1921 a 1924 en París onde estudou con Isidor Philipp, Paul Vidal e Nadia Boulanger. De volta aos Estados Unidos as súas composición reflicten un estilo modernista e influenciado por Alfred Stieglitz dirixiu a súa música a minorías selectas e innovadoras pero a Gran Depresión e a idea alemá da Gebrauchsmusik, da música como elemento artístico pero tamén utilitario levaron a un cambio de estilo, nas décadas de 1930 e 1940 compuxo obras como os ballets Appalachian Spring, Billy the Kid e Rodeo, a Fanfare for the Common Man ou Third Symphony que foron fundamentais no establecemento dun estilo norteamericano distintivo de composición clásica, as súas aberturas, o lento cambio de harmonías convertéronse en arquetipos do que popularmente se considera o son da música norteamericana, evocando os espazos abertos e o espírito dos pioneiros. A partir de 1950 por influencia da música de Pierre Boulez, Arnold Schoenberg, Anton Webern, Alban Berg adoptou o sistema de composición dodecafonista e desde 1960 actuou máis como director que como compositor e fixo unha serie de gravacións da súa música, principalmente para Columbia Records.